20/06/2008

BERROS DE LOITA de Xosé M. Cabada Vázquez

Alá ven cara ós eidos baixando
a xauría de lobos famentos.
Alá ven, cal enchente que arrasa
as colleitas nos meses de inverno.

Non se contan. E avantan en ringla
cara á aldea choutando lixeiros
aprestados cos cans a loitare
e facer na facenda estragueiro.

¡Upade, mociños!. ¡Patrucios, ergueivos
e á loita aprestádeos con paus e fungueiros!
Alá ven, son os lobos. Nos ollos
tran da nosa ruina o refrexo.

¡Cómo alampan na noite!. Mirádeos
a preada cheirando nos ventos.
Se deteñen. Parece que entre eles
deliberan e toman consello.
Se esparexen e a aldea rodean
pra asaltala millor dise xeito.

¡Pillade as forcadas!, ¡soltade lixeiros
os cans e apurrádeos!. ¡Á loita, labregos!
¡Cómo os cans a seus donos defenden!
¡Cómo a xente choutóu xa do leito!
¡Cómo loitan os homes con fouces!
¡Cómo axúntanlle pedras os nenos!

¡Xa recúan!. Avante mociños.
Os petrucios, mulleres e nenos. Sempre avante.
O vindeiro que atope
roxo o campo de lobos cuberto.
¡Upade, mociños: patrucios, ergueivos!
¡Que o sol do porvir alumée ó pobo galego xa ceibo!

E non só ó pobo galego, ista situación dase en tantos lugares do mundo que ate é posible que non os lembremos todos. O poema resume tódalas opresións do mundo de xeito brillante. Lamentablemente, no mundo dos AK-47 e dos M-16, as pedras, os paus e mailas fouces non son abondos nunca.

Nenhum comentário:

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath