25/08/2008

Oito mil metros

Saes de casa ás 10:00 e sabes que voltarás dentro dunha hora. Levas posto o equipamento axeitado: as bambas, os pantalóns curtos e unha camisola, non precisas máis. Comezas a dar uns poucos pasos, e logo outros, e outros máis, comezas a trotar cada vez máis lixeiro, xa corres, baixas pola ponte da Lonia, polo parque e saes ó Miño pola estrada a Monforte. Segues no correr a senda do rio según baixa e o rio é o teu único compañeiro de carreira. Pasas ós coches da beirarrúa, o Sol dáche na cara e o ar faite cóxegas nas fazulas. Non hai nada no mundo, só ti, o rio e o camiño. Neses oito mil metros non hai exames, non hai estudios, non hai problemas... corres, non vaia ser que che veñan detrás na busca e no correr redescobres aquelas pequenas cousas que facía tempo que non sentías; o pracer de disfrutar do teu corpo, da túa saúde, da testosterona do exercicio que che impulsa a dar eses pasos de máis. Xa estás moi lonxe da casa e no único que pensas é en voltar máis rápido do que viñeches, moito máis rápido.

E volves. Os descoñecidos nos seus automóbiles e o único coñecido é o que corre cada vez máis.

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath