26/06/2008

Luar na Lubre - Pola ponte de San Xoan

A noite de San Xoan é famosa en todo o mundo, a noite máis curta do ano, pero sen dúbida a máis longa, en Galicia especialmente, dado que somos os únicos que eu saiba que ao mes de Xuño chamámoslle San Xoan. Unha nomenclatura que se perde pouco a pouco, así que recuperémola, ¿por qué Xuño (adicado a un deus romano) cando a máis importante das festas paganas, logo pasada polo tamiz católico, é a celebración do día en que o Sol parece non querer ir durmir?

Pola ponte de San Xoan
Vintecinco cegos van,
Pola ponte de San Xoan
Vintecinco cegos van.

Cada cego coa sua moza
Cada moza co seu can,
Cada cego coa sua moza
Cada moza co seu can.

Cada can co seu gato
Cada gato co seu rato,
Cada can co seu gato
Cada gato co seu rato.

Cada rato coa sua espiga
Cada espiga co seu grao
Cada rato coa sua espiga
Cada espiga co seu grao.

22/06/2008

Que haxa alguén ahí fóra por Deus!!!



Dende neno, o que máis me chamou a atención foi o espacio, nen as mozas gardaban tantos segredos. O universo ten o poder de crear nas mentes suficientemente intelixentes cuestións abstractas que o abranguen absolutamente todo. Non só por saber qué pasou nas millonésimas de segundo posteriores ao Big Bang senón se o mesmo Big Bang aconteceu de certo e se é o comezo do tempo tal como o coñecemos.
O maior poder do que gozamos os seres humano radica na nosa capacidade de imaxinar,de soñar, de explorar coa mente, e a inmensidade do cosmos é unha presa demasiado suculenta como pra escapar das nosas elucubracións.
Pero sen dúbida a pregunta que máis éxito tivo entre a sociedade foi ¿estamos sós eiquí abaixo?. Ninguén coñece a resposta a unha pregunta que resulta mesmo demasiado turbadora. Sabemos que hai vida eiquí, no noso terruño, pero por algún motivo estúpido moitos pontifican sobre a imposibilidade de vida noutros planetas, alegando a deuses, mitos, o que sexa.
Son dos que pertencen ó outro bando, non o podo evitar. Non pola búsqueda dunha intelixencia superior, tampouco porque estar sós sería demasiado aburrido, senón polo avance científico no coñecemento da nosa orixe.
Imaxina que as nosas sondas marcianas detecten unha proteína ou un aminoácido no planeta vermello. Isto é moito máis básico que a recepción dunha mensaxe extraterrestre, pero igualmente delicioso. Demostraría que o xerme da vida non se cinguiu a un planeta só.
No fondo do corpo sei que non pode ser certo que esteamos sós. Non tería sentido que a Terra, un planeta menor quecido por unha estrela pequena que xira nun dos brazos dunha galaxia mediocre, fose o bastión de toda a vida posible.
Por iso quero crer que non demasiado lonxe, quizais haxa un ser mirando ás estrelas e facéndose a mesma pregunta que me fixen eu unha vez tamén mirándoas ¿Hai alguén ahí fóra?.

20/06/2008

BERROS DE LOITA de Xosé M. Cabada Vázquez

Alá ven cara ós eidos baixando
a xauría de lobos famentos.
Alá ven, cal enchente que arrasa
as colleitas nos meses de inverno.

Non se contan. E avantan en ringla
cara á aldea choutando lixeiros
aprestados cos cans a loitare
e facer na facenda estragueiro.

¡Upade, mociños!. ¡Patrucios, ergueivos
e á loita aprestádeos con paus e fungueiros!
Alá ven, son os lobos. Nos ollos
tran da nosa ruina o refrexo.

¡Cómo alampan na noite!. Mirádeos
a preada cheirando nos ventos.
Se deteñen. Parece que entre eles
deliberan e toman consello.
Se esparexen e a aldea rodean
pra asaltala millor dise xeito.

¡Pillade as forcadas!, ¡soltade lixeiros
os cans e apurrádeos!. ¡Á loita, labregos!
¡Cómo os cans a seus donos defenden!
¡Cómo a xente choutóu xa do leito!
¡Cómo loitan os homes con fouces!
¡Cómo axúntanlle pedras os nenos!

¡Xa recúan!. Avante mociños.
Os petrucios, mulleres e nenos. Sempre avante.
O vindeiro que atope
roxo o campo de lobos cuberto.
¡Upade, mociños: patrucios, ergueivos!
¡Que o sol do porvir alumée ó pobo galego xa ceibo!

E non só ó pobo galego, ista situación dase en tantos lugares do mundo que ate é posible que non os lembremos todos. O poema resume tódalas opresións do mundo de xeito brillante. Lamentablemente, no mundo dos AK-47 e dos M-16, as pedras, os paus e mailas fouces non son abondos nunca.

18/06/2008

Novo can


Na última estancia na casa saiu o tema de adoptar un can e sermos un membro máis na familia. O único que terá que ser cadela, porque corremos o risco de que Trufa nolo viole ( e aínda así).

Dende esta humilde páxina apoio a moción de adopción.

12/06/2008

Un xenio chamado Emir Kusturica

 Non sei por qué últimamente estou escoitando moita música dos países do leste europeu, e é unha risa o da música pseudo-zíngara da No Smoking Band de Kusturica.
Co seu cantar en inglés dos balcáns todo semella divertido e diferente. Así que unha recomendación a todos: Escoitade música diferente da que soedes, de vez en cando, aos pouquiños, pero facédeo.

Emir Kusturica & No Smoking Band- Unza Unza Time


In the beginning at the boring time
back in 1999
The man killed the line
between punishment and the crime

On the planet Earth
there was no more fun
no sex no drugs no rock'n'roll
all music turned to a fashion show

White man had British pop
and black man had soul
But no, not a drop of a blood
'cause video killed the rock'n'roll

and God said "Oh my God!"
What's happened to the human being
What's happened to my lovely creatures
They all become a cold machine
No more love no more power
Machine without gasoline
Wake up Wake up crowd
Wake up from your boring dream

There is lighting
there is thunder
What's up with you I wonder
Lift your shoulders
stamp your feet
produce the extra protein
I'm gonna hit you hit you hit you hit you
hit you with my rythm stick
So let there be light
Let there be sound
let there be a music divine
It's Unza Unza Unza Unza time


Impresionante crítica cun simpático ritmillo, un tipo curioso este Emir.

05/06/2008

A millor frase que lin na vida

" Se o xénero humán se extinguise coa soa excepción dun neno medianamente intelixente, iste neno voltaría descubrí-lo curso de tódalas cousas e sabería producir de novo deuses, demos,paraísos, prohibicións, mandamentos e Vellos e Novos Testamentos"
    
Hermann Hesse, "Demian"

Coido que estamos condeados a crear un mundo fantástico que chee os valeiros da vida.

01/06/2008

Adeus avó.

Levo semanas tentando escribir estas verbas, tentando coller forzas para escribir algo que fose o suficientemente bo, algo pra que te sentiras orgulloso de min... non sei, algo alomenos.
Mentres soa "Wish you where here" ("Oxalá estiveses eiquí") de Pink Floyd intento apartá-las bágoas que non me deixan ver o teclado e escribir unha despedida, a que non che puiden dar, ou a que non souben darche.
É curioso cómo funciona a vida, moitas veces tiña pensado en cal sería a miña reacción cando te foras, hoxe por desgracia esa dúbida atopouse coa súa resposta.
Bótote de menos avó, iso é o único que alcanzo a dicir. Sei que se estiveses eiquí dirías que hai que ser home abondo, lembro que te aldraxabas comigo cando choraba, que un home non chora dixechesme. Agardo non me teñas esta en conta.
Esteas onde esteas querería darche un  derradeiro bico, eses que non querías antes, que os homes dan a man, non bicos, pero ¿que sei eu?
En fin, só queda alzá-la testa, mirar adiante e saber que tempos virán.

Un bico grande avoeliño. Alá onde deas os paseos agora.

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath