07/12/2006

Comentando, que por comentar non quede


Os comentarios dos posts non son lugar pra insultar, non son lugar pra belixerancia e moito menos son lugar pra falar do que non se ten nin puta idea.
Algún non saben que seguramente eu fun moito máis participe que eles dun tal "cambio" ( que polo visto e desgraciadamente non da chegado), por iso memo falan e botan a lingua a pacer, pensando que só eles son os depositarios do futuro.
O fundamentalismo mata, renegrece e atrasa; os que a el se acollen non avanzan máis que cara atrás,e claro, así avanzan vendo como a realidade lles vai á contra.
Por suposto que pasaron os tempos dos señores feudais, por eso agora nalgúns dos pazos da nosa terra hoxe poden vivir aqueles que neles traballan (algo que me parece lóxico),que os manteñen e que neles gardan as súas vidas. Porque tambén habería que ver o estado dalgún dos nosos pazos se neles non se traballara, se neles non se vivira, se por eles non se mirara.
Queremos outra época?, si?, os traballadores e as súas familias son quenes representan ese cambio, esa nova época.
Por certo, a xente normal firma cun nome, os anónimos desaparecen nas marxes do tempo.
Pró meu amigo anónimo :
Comprendo que queiras cambio, todos o quixemos (fomos os máis polo menos) e mesmo algúns aínda o queremos (o cambio de nomes non é suficiente pra nós, que lle imos facer?), así que a próxima vez que pidas cambio, pregúntate que carallo fixeches ti por ese cambio, non preguntes o que fixemos os demáis, estamos demasiado ocupados cambiando o mundo como pra responder.
E agora vou seguir estudiando, o traballo é o auténtico cambio que precisamos.

PD: Cambia, pensalo dúas veces antes de escribir pode ser un primeiro paso ( un consello de amigo a amigo)

25/11/2006

Flipo, flipo doble, flipo triple


E é que é como pra fliplar, estar sentado nun curruncho de Madrid, estudiando termodinámica (outra vez) e ver como ans notas do "Non podo máis" de The Homens aparecen no programa de cine da SER non é cousa que adoite acontecer.
Entón lembrei que tiña un blog (...) e que non sei por qué non falei deste fantástico grupo antes, ou de tantos outros grupos que son descoñecidos pró gran público pero que teñen moito máis "aquel" que as propostas das multinacionais.
The Homens, non cambiedes, a min gustádesme tal como sodes, quero seguir mercando bos discos a razoables e quero seguir disfrutando de música feita con grandes doses de ... o sexa que lle botedes pra que soe tan ben e pegue tanto no oído.
Ós que nunca os escoitastedes só unha cousa:
PROBADE O DIFERENTE

21/10/2006

Seguro de vida???



Acaboo de ler, e non o podo crer, unha vez tras outra dígome que non pode ser certo, que non hai xente no mundo que poida chegar a ser tan ruín, pero si, haina.
Ten a túa empresa contratado algún seguro de vida por ti?, infórmate ( especialmente adicado ós que traballades na construcción ou con maquinaria pesada), se é así, investiga quen será o beneficiario dese seguro cando ( agardo que non) se faga efectivo.
Por qué? Resulta que varias empresas, polo visto contratan seguros de vida a nome dos seus empregados (dos que obviamente controlan tódolos datos), pero, ahí está o truco, o beneficiario non será o teu fillo, a túa filla, a túa muller ou o teu marido, non... A BENEFIADA SERÁ A TÚA EMPRESA, poden chegar a cobrar medio millón de euros pola túa morte, dos cales non teñen que dar conta á túa familia, seica é un bo negocio.
Estas prácticas reportan ás empresas beneficios extra xa non na alienación propia do teu traballo, senón dun xeito moito máis macabro. Coñecedes a alguén que cobrara eses cartos pola morte dun familiar en accidente laboral? Non? Vaia, qué cousa rara.

23/09/2006

Windows, Linux e a nai que os fixo


Teño moitísimos problemas co meu (non tan) vello ordenador, un Pentium III a 866, e nas últimas datas só conseguín empeoralos mediante varios cambios de sistema operativo; como facer isto?, atentos á receta da casa:
Paso 1: "Mmmmmm, Windows 98 non funciona" (de feito só actuaba cunha resolución de risa en 16 cores.

Paso 2: Dúas opcións:
a) Rastrexar toda a web buscando codecs,controladores (aka Drivers), programas que me digan qué está a pasar..... Resultado infructuoso, os codecs non van, os controladores non controlan e os programas de erros escarallábanse da risa.
b) "Poida que sexa o momento de pasarme a Linux".....Idea tamén coñecida coma "Caixa de Pandora".

Paso 3: Comeza a operación " Caixa de Pandora", que distribución lle meto?, de onde a saco?, por que carallo desinstalei Windows?

Paso 4: Conseguidas varias distribucións de linux (Ubuntu 6.06, Ubuntu 5.10, Kubuntu 6.06, Triskel e varias máis) probar unha.

Paso 5: Ver se é posible entenderse con ela (instalar cousas,traballar, escoitar música), compre engadir que o ordenador non ten acceso a Internet, xa que logo o uso dos repositorios faise case que utópico.

Paso 6: Repetir os pasos 4 e 5 ( trocar "unha" por " outra")

Paso 7: Repetir o paso 6

Paso 8: Repetir o paso 6

Paso 9: Repetir o paso 6
.
.
.
.
.
Paso (pon o número ti, eu tardei en cansar) : Repetir ad eternum sen obter resultado

Paso (anterior+1): Ver se o Windows XP podería funcionar.... Consigue unha copia e observa como o teu ordenador intenta instalalo ata que de repente (xa o botaba de menos), pantallazo azul co seguinte:

"IRQL_NOT_LESS_OR_EQUAL" e logo un montón de tecnicismos inintelixibles.

Paso (anterior + o que lle botes): Volvelo intentar, sabendo que, fagas o que fagas, non, non vai funcionar.

Paso antepenúltimo: Ver como o ordenador está agora sen sistema operativo e como novo agasallo, non che deixa instalar ningún (momento eléctricamente bonito).

Paso penúltimo: Armarse de paciencia, ver como unha miga túa rifa contigo por non tela chamado durante todo o verán (que pasaches co cálido runrun do ventilador do ordenata) mentres ti estás abstraído intentando resolve-lo problema mentalmente, intentando explicar que ti tamén tés os teus propios problemas (de feito, se o queredes blogueo o mail que me enviou, non ten perda)

Paso último (hahahahaha, eso pensas): Velo con perspectiva ("sempre fun un negado") e bloguealo pra que a xente se mofe de ti (polo menos botan unhas risas).



Xa que logo quedo coa dúbida:

Paga a pena instalar un sistema operativo tipo linux, completamente persoalizable, de valde e moito máis molón queo windows, caqndo un non ten nin puta de idea de como artellar as cousas máis básicas.... ou seguir dependendo do monopolio das fiestras?

Moi atentamente:

André Rivero----------- O usuario.

P.D.: Se alguén ten idea e vese con gañas de axudar, non o dubidedes, as vosas ideas non serán, nin de lonxe, peor cas miñas.

Voltamos !!!!!


Tralas vacacións do verán intentarei actualizá-lo blog con máis asiduidade (propósito que de seguro non ei tardar en incumplir). Agardo que vos guste, ou que polo menos podades tirar del algo interesante.
Tamén intentarei personalizalo, dado que o estilo emprestado polo blogger é bastante feiño, pero como din por ahí, évos o que hai.
Para quen non o saiba, a imaxe é do inimitable Quino.

05/07/2006

Sen comentarios


Que vou dicir, cando Xosé Lois xa o di todo?

27/06/2006

La realité



Que esperabades? Despois de catro anos volvestes picar na cana dos medios desinformativos e volvestes pensar que ista vez sí,que agora podiades, que este era o voso mundial e que só faltaban 7 partidos para serdes campións do mundo. De súpeto cruzabade-la vía da ilusión facendo a conta da leiteira coa calculadora que vos agasallaban dende os quioscos, dende a televisión e dende a radio; tan ensumidos na vosa autosuficiencia que non vistes como aló o lonxe aparecía o camión da realidade, sen freos e a todo trapo esta vez embutido na bandeira francesa.
Certo era queo camión francés semellaba un triste tractor, tocando no motor un run-run de pezas vellas que sempre é harmonía do fin dunha era, esas pezas de museo: Zidane, Vieira, Thuram, Makelele... todas sacadas das potentes fábricas das colonias galas quixeron amosar que o futbol é algo máis que correr, máis que loitar e por suposto, moitísimo máis que simplemente bos desexos; porque isto do fútbol é sobre todo competición, e hai algo claro eles saben competir, vós non.
Así foi como o lento tractor pasou por riba de vós, porque o tractor sabía que tras desta a seguinte parada é a do depósito municipal,e ía permitir iso un tractor campión do mundo?, claro que non.
En fin, vaia un saúdo dun rapaz que non pode animar á súa selección nun mundial e tivo que conformarse con aplaudir a Suiza (que putada de eliminación) , e mirándoo ben, nos cuartos estaba Brasil e por ahí si que non poderiades pasar.




















Por certo: Pablo, Pernía, Joaquín e Raúl son pésimos.

16/05/2006

Maxia no terreo de xogo


Pulsando na barra en teoría acaba un no Youtube véndome xogar ó rugbi, o deporte máis grande do mundo. O que non sei é como se fai para que apareza esa fiestra tan chuliña para velo directamente no blog.

17/04/2006

Os dez ufólogos máis fiables



1. Dr. Michael Swords

Profesor de Xenética e Ciencias da vida, Western Michigan State University. Editor do Xornal de estudios ufolóxicos (CUFOS). Áreas principais de estudio: Posibilidades de visitas ET baseadas na ecuación de Drake; Refutación da experimentación xenética de Budd Hopkins; Teoria de abduccións.

2. Dr. Thomas E. Bullard

Graduado en Sicoloxía, Folclore. Contribuidor especial de: International UFO Reporter, Journal of UFO Studies. Autor de: "Abductions: The Measure of a Mystery," un estudio de 600 páxinas de 300 casos de abduccións study of over 300 abduction cases, tendo en conta multitude de aspectos, coma a trasmisión folclórica confabulacións hipnónicas, etc. O Dr. Bullard comezou coma un escéptico, pero aínda non foi convencido polas explicacións "racionais". Tamén levou a cabo a recolección e análise de datos sobor das ondas de aeronaves dos 80.

3. Dr. Richard F. Haines

Sicólogo retirado da Nasa. Áreas de estudio especial: Piloaxe, análise fotográfico, técnicas de regresión da abducción. Autor de: "The Melbourne Episode" sobor da desaparición do piloto Frederick Valentich.

4. Dr. James E. McDonald (+)

Meteorólogo, Profesor de ciencias atmosfericas, University of Arizona. Áreas de estudio especial: Casos de efectos electromagnéticos; traballos sobre os Led

5. Richard Hall

Escritor de Ciencia-Ficción; Director de actividades, NICAP; Asistente de dirección, MUFON. Áreas de estudio especial: Casos de efectos electromagnéticos, Trazados de Radar. Autor de: "Uninvited Guests". Actualmente sufre a síndrome de Alan Hendry.

6. Donald Schmitt

Director de investigacións especiais CUFOS. Áreas de estudio: Refutación da evidencia do Gulf Breeze; participouna primeira expedición arqueolóxica a Roswell.

7. Ronald Story

Escritor de ciencia e tecnoloxía. Áreas de estudio: Responsable da saída da teoría dos astronautas de outras eras. Autor de: "UFOs and the Limits of Science" e de "The UFO Encyclopedia."

8. Barry Greenwood

Taballador do servizo postal. Dirixiu a Citizens Against UFO Secrecy. Áreas de traballo: Recopilación e análise de documentos do governo.Foi un dos que destapou o caso do MJ-12.

9. John F. Schuessler

Enxeñeiro, director do proxecto Shuttle, tamén traballou na McDonnell-Douglas Corporation. Asistente de dirección, MUFON. Áreas de estudio: Caso do Cash-Landrum.

10. Dr. J. Allen Hynek, Ph.D (+)

Astrónomo, Northwestern University. Asesor científico do proxecto BlueBook. Fundador e director científico da CUFOS. Áreas de estudio: Todas. Introductor do método científico nas observacións ufolóxicas. Creador das categorías de avistamento como os "Close Encounters".

06/03/2006

Cómo chegar ás estrelas


Eiquí están os requerimentos pra nos convertir en astronautas, como poderedes observar é cousa pouca,lóxicamente estes son requerimentos básicos e o documento non está actuializado, así que leeredes cousas sobre a necesitada nacionalidade estadounidense, cousas da NASA

REQUIREMENTS FOR BECOMING AN ASTRONAUT

ANNOUNCEMENT NO. 3ACS-83

FOR

MISSION SPECIALIST & PILOT ASTRONAUT CANDIDATES


ASTRONAUT CANDIDATE PROGRAM

M I S S I O N S P E C I A L I S T A S T R O N A U T

Mission specialist astronauts, working with the commander and pilot, have overall responsibility for the coordination of Shuttle operations in the areas of crew activity planning, consumables usage, and other Shuttle activities affecting experiment operations. Thus, mission specialists are proficient in payload operations and are required to have a detailed knowledge of the Shuttle systems as well as the operational characteristics, mission requirements and objectives, and supporting systems and equipment for each of the experiments that will be conducted on their assigned mission. Mission specialists participate in extravehicular activities, perform special payload handling or maintenance operations using a remote manipulator system, and assist in specific experiment operation at the discretion of the experiment sponsor.

P I L O T A S T R O N A U T

Space Shuttle pilot astronauts serve as both Shuttle commanders and pilots. During flight, the Shuttle commander has onboard responsibility for the space vehicle, crew, mission success, and safety of flight. The Shuttle pilot assists the commander in controlling and operating the Shuttle. In addition, Shuttle pilots may deploy and retrieve payloads using a remote manipulator system, participate in extravehicular activities, and support specific payload operations where appropriate.

G E N E R A L C A N D I D A T E I N F O R M A T I O N

Selected applicants join the Johnson Space Center and are assigned to the Astronaut Office. They will undergo a 1-year training and evaluation period during which they are placed in responsible technical or scientific positions allowing them to contribute substantially to the Shuttle Program and continue to work in their scientific or technical fields, where feasible, while under evaluation. They also participate in the basic astronaut training program which is designed to develop the knowledge and skills required for formal mission training upon selection for flight assignments. Pilot astronaut candidates are required to maintain proficiency in NASA aircraft during their candidate period.

Applicants are made aware that selection as an astronaut candidate does not ensure selection as an astronaut. Final selection as an astronaut depend upon satisfactory completion of the 1-year training and evaluation period. Civilian candidates who successfully complete the training and evaluation period and are selected as astronauts become permanent Federal employees. Civilian candidates not selected as astronauts may be placed in other positions within NASA depending upon Agency requirements and manpower constraints at the time.

Successful military candidates will be detailed to NASA for a time period established by NASA/Department of Defense (DOD) Memorandum of Understanding.

NASA has an affirmative action program goal of having qualified minorities and women among the newly-selected astronaut candidates. Therefore, women and minority candidates are encouraged to apply.

QUALIFICATIONS OF APPLICANTS
(Both Military and Civilian Applicants)

M I S S I O N S P E C I A L I S T A S T R O N A U T

C A N D I D A T E P R O G R A M

Applicants MUST meet the following minimum qualification requirements.

o Bachelor's degree from an accredited institution in engineering, biological or physical science, or mathematics. Degree must be supplemented by at least 3 years of related professional experience. An advanced degree is desirable and may be substituted for all or part of the experience requirement (master's degree = 1 year,PhD degree = 3 years). Quality of academic preparation is important.

o Ability to pass NASA Class II space flight physical (similar to military and civilian flight physicals) to include the following specific standards:

DISTANCE VISUAL ACUITY: 20/100 or better uncorrected;
correctable to 20/20, each eye.

HEARING LOSS NOT TO EXCEED:

Frequency (Hz) 500 1000 2000

Loss (db) better ear 30 25 25
worse ear 35 30 30


BLOOD PRESSURE:Preponderant systolic not to exceed 140, nor diastolic to exceed 90 mm Hg, measured in a sitting position.

o Applicants height between 60 to 76 inches.


P I L O T A S T R O N A U T C A N D I D A T E P R O G R A M

Applicants MUST meet the following minimum qualification requirements.

o Bachelor's degree from an accredited institution in engineering, biological or physical science, or mathematics. An advanced degree or equivalent experience is desired. Quality of academic preparation is important.

o At least 1000 hours pilot-in-command time in high performance jet aircraft (an aircraft having at least 3000 pounds of thrust per engine). Flight test experience is highly desirable.

o Ability to pass NASA Class I space flight physical (similar to military and civilian flight physicals) to include the following specific standards:

DISTANT VISUAL ACUITY: 20/50 or better uncorrected;
correctable to 20/20 each eye.

HEARING LOSS NOT TO EXCEED:

Frequency (Hz) 500 1000 2000

Loss (db) 30 25 25


BLOOD PRESSURE: Preponderant systolic not to exceed140, nor diastolic to exceed 90 mm Hg, measured in a sitting position.

o Applicant height between 64 and 76 inches.


E D U C A T I O N R E Q U I R E M E N T S

Applicants for the Astronaut Candidate Program must meet the basic education requirements for NASA engineering and scientific positions, specifically successful completion of a standard professional curriculum in an accredited college or university leading to a bachelor's degree with major study in an appropriate field of engineering, biological or physical science, or mathematics.

The following degree fields which may be related to engineering and the sciences are not considered qualifying:

o Degrees in Technology; i.e. Engineering Technology, Aviation Technology,Medical Technology, etc.

o Degrees in Psychology (except Clinical, Physiological, or Experimental Psychology, which are considered qualifying).

o Degrees in Aviation, Aviation Management, or similar fields.


C I T I Z E N S H I P R E Q U I R E M E N T S

Current regulations require that preference for appointment to Astronaut Candidate positions be given to U.S. citizens when there is an adequate source of well qualified citizens available. NASA anticipates that there will be an adequate source of well qualified U.S. Citizens.

P A Y A N D B E N E F I T S

Salaries for civilian candidate will be based on the General Schedule pay scale of the Federal Government, generally ranging from GS-11 through GS-14. Candidates will be compensated in accordance with prevailing Federal pay scales based on their individual academic achievements and experience.

Other benefits include vacation and sick leave and participation in the Federal Government retirement, group health, and life insurance plans.

Selected military candidates will be detailed to the Johnson Space Center but will remain in an active military status for pay, benefits, leave, and other similar military matters.

---


ASTRONAUTS & PHYSICAL FITNESS

Several callers to NASA Spacelink have asked for details of an astronaut physical fitness training regimen. We have received the following response from the Johnson Space Center:

Astronauts stay in shape by running and working out in their fully furnished gymnasium at the Johnson Space Center in Houston. There is no set training schedule. Astronauts may exercise as they wish, as long as they stay fit.

19/02/2006

3 Daft Monkeys


A primeira recomendación musical que fago vai adicada a iste interensantísimo grupo cornellés creado a partires da escisión de Lordryk, todos os que me coñecedes sabedes da miña ben crecida alma "folqui" así que quero que todos gocedes deste simpático trío. O caso é que estas tres cabeciñas pensantes decidiron seguir a trasmitir boas vibracións en forma de animadas cancións, se con Lordryk soaban ben, agora non ían ser menos. Botádelle unha ollada á súa web, con material diverso sobre o grupo.
Xa me diredes se vos valeu a pena a visita, seguro que non vos defraudan.

18/02/2006

Por gracia de Deus

Desgraciadamente o tema do maltrato fai moito tempo que para os medios deixou de ser unha desgracia para convertirse nunha mera estatística, esquencendo que as víctimas teñen cara e nome, pero a culpa dese esquecemento é de todos nós cando non nos alporizamos ó escoitarmos cousas coma ésta.
Menos mal que alomenos esta vez tivo unha resposta condenatoria por parte do gremio, pero nun país que bate cada ano o seu triste record de violencia doméstica, as verbas de Gonzalo Gironés deberían conducilo á preseza dun xuez e como mínimo a ser condeado a traballar nun deses centros de acollida ós que as mulleres teñen que fuxir buscando amparo, a ver se así recapacita sobor da inmensa burramia que dixo.
Ningunha provocación verbal da dereito a lle poñer a mau enriba a unha muller, actos así non deben quedar impunes é mester denuncialos.

Tócanos a nós??


É posible que o novo estatuto galego conte co apoio de tódalas forzas políticas do país?
Sairán Don Mariano e Don Manuel á rúa a procurar firmas para que non se desmembre a sacrosanta nación española?
Imos facer un xogo, vós enviádeme os vosos comentarios e eu escollerei o máis simpático (se é que chega algún) e publicareino con fotos comentarios e engadidos varios, o caso é botar unhas risas antes de que o trebón político chegue ás nosas costas.

20/01/2006

Isto foi to...isto foi to...isto foi tooooooodo amigos


O rexente fai saber que queda pechada a cociña deste garito ata que o cociñeiro remate de exames, así que o vindeiro día 15 de febreiro voltaremos con máis receitas suculetas.
Unha aperta a todos e a todas (especialmente prá churrusqueira).

08/01/2006

Animaliños






A promesa obriga, velaiquí as imaxes tomadas en Fontefiz o Día de Reises, que vos presten.

Pensando en verde (1)

Vou comezar a sección de tralla ecolóxica lanzando un berro (que ben podería ser o de ''malditos bastardos'') contra esa escolma de mentes "pensantes" que están a destrozar os nosos montes coa plantación masiva de eucaliptos. Todo o mundo sabe que o eucalipto é unha árborede rápido crecemento e que precisa de moi poucos coidados (case ningún) para agromar, e tamén todo o mundo sabe que , por desgracia, esta árbore adáptase idóneamente ós intereses das empresas madereiras galegas, as maiores culpables desta desfeita (vaaaaale, ó final os culpables somos toooooodos, pero é por concretizar). Pero resulta que o eucalipto non só é unha fonte de madeira rápida e barata (o que conleva tamén engadida unha ínfima calidade respecto doutras madeiras) senón tamén unha das prantas máis agresivas co entorno que as acolle. Estes mangallóns do reino vexetal son capaces de chucharen todo o auga da terra sen ningún problema, co cal non deixan sufuciente para o resto; non contentos con iso, as súas follas son velenosas para outras especies debido á súa composición (nunca vos fixastes en que raramente hai herba nos seus bosques?) ; aínda con esto non se conforma o simpático arboliño que como máis destacable propiedade na moda de verán tén a capacidade de prender con só pedirllo. Fai falla dicir algo máis para dármonos de conta que é altamente perxudicial para o noso medio?.
Para rematar, aconséllovos a todos e a todas que visitedes a páxina de ADEGA para máis información sobor do tema, creo que ademáis foron eles os que previron que a próxima especie animal endémica de Galicia será o Porkoala.

06/01/2006

Que vivan as ovellas!!!!



Qué pose, qué talento natural, esta imaxe saqueina de Fontefiz e non puiden resistir a tentación de photoshopeala un pouco. Espectacular a cara de pasividade das ovellas cando un baldreu (niste caso eu) lles saca unha foto baixo unha choiva de mares. En qué pensarán as ovellas? Doado: ''Aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaai que rapaz, está pingando e ponse a tirar fotos de nós'', pode ser que teñan toda a razón do muno, pero pola imaxe valeu a pena a molladura.
Tamén vai a imaxe orixinal.

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath