16/09/2008

E agora cun 100% máis de Narón



¿Va que é curriño meu novo can?

15/09/2008

Nalgures


Nalgún recuncho da miña caluga andarás, digo eu.

12/09/2008

Tempo esvaído

Conta a historia que fai moitos anos un mariñeiro saiu a traballar como sempre facía, na madrugada montaba na barca as artes todas e con elas a bordo metíase no mar. Pero ise día foi sorprendido por unha treboada e perdeuse. Di a historia que vos narro que puido ver unha serea e falar con ela, a serea preguntoulle qué era o que máis quería na vida, e il, que era un home sinxelo, que nunca tivera muller nin fillos, nin nada que o atase ó mundo pediulle á serea unha segunda oportunidade para viví-la vida. Logo de pronunciadas estas verbas, o mariñeiro caeu presa dun profundo sono.

Cando espertou na barca, viu que estaba amarrada no porto, como se a noite anterior non tivera saído faenar. Mirou as maus e un arrepío correu polo seu corpo, xa non tiña as maus dun vello, non lle doía o lombo e non sentía pesares nas pernas. O desexo cumprírase.

Decidiu aquil mesmo día aproveitar a vida. Puido volver estudiar e descubrí-lo mundo en mil viaxes, coñeceu muller e amouna apaixoadamente, tivo fillos dela e tivo unha vida chea de satisfaccións. Pero a vellez voltou facer caza del e viu como a testa se lle engurraba e como as cóstas se lle encorvaban novamente.

Non quería deixa-lo mundo agora que o tiña todo, e preso do medo á morte montou unha vez máis na barquiña en busca da súa serea.

Ahí remata o conto.

¿ Qué lle diría á serea? Probablemente que lle faltara tempo.

A falta de sereas, vive a vida o millor que poidas.

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath