30/05/2008

Big Buck Bunny xa dispoñible pra descarga



A longametraxe feita íntegramente con software libre (con blender), xa se pode conseguir eiquí.
Gran día para os usuarios de códigos abertos!!!

Quedades obrigados a vela!!

28/05/2008

Nace HABITACIÓN130!!!!

 Xa está criado o proxecto-amebo paralelo HABITACIÓN130 (www.hab130.blogspot.com) pra poder comérvo-lo tarro en máis idiomas.
 Isto non quere dicir que omoucho vaia morrer, nin esmorecer sequera, senón que ten un irmau pequeno do que coidar, e que por riba saiulle revoltoso.

25/05/2008

Non podería esquencé-las mulleres ourensanas



Perdón mil veces! Se alguén me leva aturando dende fai xa 8 anos (mi ma) son istas dúas señoriñas. Tódalas mocas, as broncas, os suspensos e os Erasmus nunca nos fixeron olvidarnos os uns dos outros, porque como dicía  a canción de "Cheers": Ás veces queres ir a onde todo o mundo coñece o teu nome.
Un montón de Miriam pra comezar (non atopei ningunha dela soa), é a loira delgadiña que sae en tódalas fotos.
E por suposto  Lourdiñas (LUU,subino ó blog mentres falabamos polo msn) , nas montañas, durante ise ano que a tivemos que botar de menos
 

Os colegas, a familia que nos elixe e a que podemos elixir







É certo, os amigos son a única familia que podemos elixir, e tamén a única que nos elixe a nós. Esperemos ter elixido ben!

24/05/2008

Traballo de Planificación e Deseño de Aeroportos





Hai quedan unhas cantas imaxes dos preparativos do traballo de PDA entregado o día 20 de Maio de 2008.
Por certo, todas conteñen un erro, curioso seica. Mateime a facer unha pista de categoría 1-B con capacidades para voos baixo regras instrumentais, cando na práctica as aeronaves calificadas como 1-B soen operar baixo regras de voo visuais. Isto que podería ser unha parvada aforra unha chea de cuartos á hora das axudas ó voo.

15/05/2008

Reacción de Stewie ó video 2g1c

Moitos de vós teredes visto o video "2 girls 1 cup", no que fomos instruídos en hábitos culinarios pouco comúns, e tamén teredes visto os videos-resposta nos que podemos apreciar as reaccións doutros infelices que tamén o viron. Pero o que eu non coñecía era a reacción de Stewie Griffin, imperdible. Prós que esteades empantanados co inglés, intentarei traducilo:

Brian (atado a un poste) - Escoita, preciso da túa axuda. Corre dentro e tráeme unhas tixeiras!
Stewie- Non.
B- Por que non?
S- Porque me fixeches ver ise video coas dúas mozas e máila copa.

(Cambio de escea, no que ambos están diante do ordenata pra vé-lo video)

S-Vale, qué vas facer?
B- Ssshhh, só atende.
S- Por que grába-la miña reacción?
B (colocando a webcam)- Só atende.

Comeza o video

S- Moi ben, son claramente lesbianas..... ouh non!.....que carall..?.....agarda......agarda (risiñas do Brian)....que?........QUE!?....Non...NON......aarggh......Aaargh.....AAAAARRRGGHHH.....Que acontece contigo?....Meu Deus!!!!......oohh....oooohhh...OOHHHH......Non o podería imaxinar.....agora vou berrar outra vez..MEU DEUS!!!! (Stewie xa non pode máis e tapa a boca mentres segue mencionando ó altísimo)

Despois de recuperarse un pouco

S- Oug, iso foi NOXENTO, por Deus. Imaxinas que o fixeran dous tipos? Por Deus, sería INCLUSO pior. Eso realmente existe?....Onde o atopaches? Ímolo escribir (no buscador) e a ver qué sae.

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath