31/05/2007

Vén Condoleezza

Só teño unha reflexión ante a visita de Condoleezza Rice, a antiga versión do Yankees Go Home !!


( e gloria a Chapman nas alturas)

10/05/2007

Cámaras Zaapa en Ubuntu

 Prós que tendes unha cámara web zaapa, e especialmente para os que as mercastedes no Carrefour sen mirar a compatibilidade.
 Non puiden atopar ningunha maneira de facelas funcionar, nin dende amsn, nin gthumb, nin camorama, nin gqview teñen a capacidade de identificala.
 Posiblemente algúns de vós  lesedes a nova en menéame.net de que un francés escribira drivers para unha auténtica enchenta de cámaras web, para que poidesen ser usadas en linux, pero entre éstas non se atopan as Zaapa, non sei por qué nin para cando estarán operativos así que de momento teremos que esperar.
O gracioso do asunto ven sendo que  moitas destas empresas pasan amplamente de desenvolver as compatibilidades dos seus productos agardando que a comunidade linux o faga por elas, nun intento de aforrar gastos ou tempo ou non sei qué, pero en realidade esta estratexia é moi mala, pois o único que conseguen é que os usuarios de sistemas que non sexan de Microsoft non merquen os seus productos, e estas comunidades de usuarios son cada día máis amplas e abranguen un maior mercado.

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath