12/01/2008

Os púlpitos

Nas últimas datas andan os púlpitos valeiros. Ao mal xa crónico de perda de fieis da igrexa agora engádese que moitos curas parecen querer seguir ós fieis á rúa.
Todo cidadán ha de ter dereito de manifestarse polo que queira, pero invocar a Deus nas opinións persoais atenta contra os mandamentos. ¿ Realmente alguén cree que Deus está constantemente mirando ao chan? ¿ De que serviría entón o libre albedrío?.
Deus non entra nas vidas dos homes a correxirnos ou dar consello dende tempos bíblicos; na nova alianza entre El e máis o home Deus non guía, só xulga.
Así que deixade que o patrón faga o seu traballo e facede vós o voso.

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath