17/02/2009

Canción para un día calquera

Traducción de "If Not Here" de Michelle Shocked:

Creme cando che digo que iste mundo non é o meu fogar
Creme cando che digo que iste mundo non é o meu fogar
Tódolos meus días estou atado a errar,
Se non eiquí, onde?

A pantasma do anos non desaparece
A pantasma do anos non desaparece
Canto máis corro, máis quere quedar
Se non eiquí, onde?

Unha carga compartida é só medio problema.
Sei que te preocupaches, sei que o entenderías
Unha carga compartida é só medio problema.
A alegría de compartila é o dobre de alegría.

Nos teus brazos atopei un lugar pra descansar
Nos teus brazos coido que atopei un lugar pra descansar
Nos teus brazos, onde máis gusto estar
Se non ehí, onde?

11/02/2009

Sabiduría Oriental

Mañá a primeira hora preséntome ó meu derradeiro exame do semestre co cal xa remata a ronda de sete, visto o visto só podo acudir á milenaria fonte cultural chinesa:

"Se caes sete veces, érguete oito"---- Proverbio chinés.

07/02/2009

Sabiduría occidental

" A ensinaza debería ser de tal maneira que o ofrecido sexa percibido como un valioso agasallo e non coma unha pesada tarefa"

Non o digo eu, díxoo Albert Einstein. Mágoa que os descípulos de Einstein non opinen o mesmo na meirande parte dos casos.

03/02/2009

Trobadores e Xograres



Vivimos nun mundo que cambia de vestimenta, que se move en coche, que vai ó súper ate a cagar. Vivimos nun mundo que é capaz de cambialo todo para que non cambie nada. Quero referirme moi especialmente ó tema do arte, quizais onde a grandeza humana e a súa miseria viven en mistura incontrolada.
Fai moito tempo que levo pensando en que hai moitísimos cantantes, músicos, actores e mesmo políticos que fixeron moito máis polas letras galegas que ningún escritor (nalgúns casos músicos, actores e mesmo políticos que non son galegos). A dúbida que acubillo é a seguinte: ¿ Non merecen estas persoas o recoñecemento e universal aplauso da cultura galega?
Desgraciadamente, ás veces, parece ser que non. Sómente así consigo entender que ningún deles teña por exemplo o Día das Letras adicado á súa persoa.
¿ É acaso millor para as letras galegas que a súa festividade sexa adicada un perfecto descoñecido con apenas unhas páxinas publicadas en galego a que se honre a alguén que as pasou putas no cárcere por defendé-la súa cultura? ¿ Ou será máis ben que ista crase de recoñecementos literarios son repartidos en comandita entre un pequeno montón de emperifollados escritores e só serven pra que entre iles se aplaudan e poidan dicir mirándose os uns ós outros " Jo macho, que buenos somos"?
Todo isto fíxome pensar na idade media (mira ti que cousas). Por un lado están os trobadores, de crase alta e que compoñen por que lles sai do escroto, que a vida non lles vai niso ( efectivamente, en calquera época é millor ter moeda que non ter un can); polo outro os xograres, tipos de crase media-baixa que son profesionais do seu e que se queren comer teñer que ir á praza da cidade ou, con moita sorte, ó salón do pazo do lugar a rabuñar unhas moedas.
¿ Quen é o trobador e quen o xograr hoxe en día?
Despídome cunha dúbida pequena ¿Canta xente leu a Yolanda Castaño (un exemplo) e canta xente cantou a Ana Kiro (outro exemplo)? Pois iso, letras galegas mediante.

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath