03/02/2009

Trobadores e Xograres



Vivimos nun mundo que cambia de vestimenta, que se move en coche, que vai ó súper ate a cagar. Vivimos nun mundo que é capaz de cambialo todo para que non cambie nada. Quero referirme moi especialmente ó tema do arte, quizais onde a grandeza humana e a súa miseria viven en mistura incontrolada.
Fai moito tempo que levo pensando en que hai moitísimos cantantes, músicos, actores e mesmo políticos que fixeron moito máis polas letras galegas que ningún escritor (nalgúns casos músicos, actores e mesmo políticos que non son galegos). A dúbida que acubillo é a seguinte: ¿ Non merecen estas persoas o recoñecemento e universal aplauso da cultura galega?
Desgraciadamente, ás veces, parece ser que non. Sómente así consigo entender que ningún deles teña por exemplo o Día das Letras adicado á súa persoa.
¿ É acaso millor para as letras galegas que a súa festividade sexa adicada un perfecto descoñecido con apenas unhas páxinas publicadas en galego a que se honre a alguén que as pasou putas no cárcere por defendé-la súa cultura? ¿ Ou será máis ben que ista crase de recoñecementos literarios son repartidos en comandita entre un pequeno montón de emperifollados escritores e só serven pra que entre iles se aplaudan e poidan dicir mirándose os uns ós outros " Jo macho, que buenos somos"?
Todo isto fíxome pensar na idade media (mira ti que cousas). Por un lado están os trobadores, de crase alta e que compoñen por que lles sai do escroto, que a vida non lles vai niso ( efectivamente, en calquera época é millor ter moeda que non ter un can); polo outro os xograres, tipos de crase media-baixa que son profesionais do seu e que se queren comer teñer que ir á praza da cidade ou, con moita sorte, ó salón do pazo do lugar a rabuñar unhas moedas.
¿ Quen é o trobador e quen o xograr hoxe en día?
Despídome cunha dúbida pequena ¿Canta xente leu a Yolanda Castaño (un exemplo) e canta xente cantou a Ana Kiro (outro exemplo)? Pois iso, letras galegas mediante.

Nenhum comentário:

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath