31/05/2009

Sobre o marxismo

-¿Cántos marxistas fan falla pra enroscar unha lámpada?
- Ningún, a lámpada contén a semente da súa porpia revolución.

25/05/2009

Síntome observado


É que faga o que faga, sempre hai un trasno fitando pra min.

17/05/2009

As guerras son un tanto molestas

http://simpleimagehost.net/show.php/138_lel.gif.html

Moraima - Milladoiro

Na voz de Ana Belén cantando en galego no "Auga de Maio" de Milladorio, unha fermosísima canción.

A saía do vento baila
nun horizonte de mar
Moraima, lévame Moraima
na túa cintura de terra e sal.
As sombras de mil estrelas
danzando na túa man
Moraima, lévame Moraima
entre flores de lúa e metal
lévame Moraima, lévame Moraima
na túa cintura de terra e sal.
Sobre cabelos de chuvia
brina un sorriso de luz
Moraima, lévame Moraima
cabalgando no sol de cristal.
Xogas con niños de prata
pombas dun silencio azul
Moraima, lévame Moraima
nas xanelas de area
lévame Moraima, lévame Moraima
cabalgando no sol de cristal.
Trenza ca noite un manto
onde poder descansar
Moraima, lévame Moraima
navegando sobre o ceo.
Fai un espello de liño
ó paso do teu andar
Moraima, lévame Moraima
sobre cántaros de auga
lévame Moraima, lévame Moraima
navegando sobre o ceo.

15/05/2009

María Soliña. (Celso Emilio Ferreiro)

Un poema que refrexa coma nengún outro a persecución de bruxas por parte da inquisición en Galicia. Posiblemente o único delito de Maria Soliña foi ter en posesión riquezas que a igrexa desexaba e o poder de representación pra decidir nas obras que serían levadas a cabo.

Polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Nos areales de Cangas,
Muros de noite se erguían:
Ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As gueivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de agua fría:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.

13/05/2009

Crases de xente

Sempre creín que hai dous tipos de persoas:

- Os que están mal porque non teñen nada que lles faga estar ben.
- Os que están ben porque non lles ocorreu nada que lles faga estar mal.

Un consello, procura ser diste último grupo.

O millor dos oitenta

"Simply Irresistible" - De Robert Palmer, unha das grandes cancións dos oitenta (por non falar do video).

12/05/2009

Un home parvo

Era un home tan parvo, tan parvo, que cando os demais lle dicían que estaban ben, il críaos.

05/05/2009

Txoria txori (O paxaro é paxaro)

Se lle tivera cortado as ás tería sido meu, non tería fuxido. Pero así, tería deixado de ser un paxaro. E eu… eu o que amaba era un paxaro.
Mikel Laboa

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath