15/12/2008

Xogo a sete mans

Enganáronme pra que xogara
na súa mesa trucada,
que deixase o que tiña,
que ousase arriscar.
Mal levado, coma a peste,
embriagado coma un parvo
só podía apostar.
"Moi ben feito meu rapaz"
dicían mentres me sorían.
Era un xogo seguro
envidei no xogo unha vida,
o derradeiro golpe de sorte
e todo trocaría.
Sete mans unha tras doutra,
non houbo musa aquil día
e dendo o fondo da baralla
o Joker miraba
e mentres miraba dicía
" Benvido á miña pousada,
tranquilo non é-lo primeiro,
nenos coma ti xa antes,
tentaron xogar cos vellos"

09/12/2008

Esoutro Eu

Cando vés
non hai recuncho no que buscar acougo poida,
nin carraxe abonda que se che compare.
Non atopo respostas ás túas preguntas
nin palabras que aloumiñarte o lombo alcancen.

Cando vas
levas canda ti verbas de desasosego,
un infindo camiño de odio
maila terquedade do teu falso sorriso.

Deixando tras de ti
a triste nova
de que has querer voltar.

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath