28/06/2007

O FAMOSO PROBLEMA DOS NÚMEROS PRIMOS



Varias persoas foron elixidas para resolvé-lo seguinte problema: Demostrar que tódolos números primos maiores que 2 son impares. Velaquí o resultado:

* Matemático: O 3 é primo, 5 é primo, 7 é primo, por inducción tódolos impares son números primos.

* Estatístico: O 100% da mostra 5, 13, 37, 41 e 53 son números impares primos, xa que logo, tódolos impares deben ser primos.

* Físico: O 3 é primo, 5 é primo, 7 é primo, o 9 é ... uh, 9 é un erro experimental, 11 é primo, 13 é primo... Vale,parece que se cumpre a regra.

* Empregaría un físico moderno a normalización?
3 é primo, 5 é primo, 7 é primo, 9 é ...
9/3 é primo
11 é primo, 13 é primo, 15 é ...
15/3 é primo
17 é primo, 19 é primo, 21 é ...
21/3 é primo

* Físico cuántico: Tódolos números son indistintamente primos non-primos ate seren observados.

* Químico 1: 3 é primo, 5 é primo, 7 é primo.. suficiente.

* Químico 2: 3 é primo, 5 é primo...Isto teño que publicalo!

* Cosmólogo: Semella certo que o 3 é primo.

* Enxeñeiro de camiños: 3 é primo, 5 é primo, 7 é primo, 9 é ..., 9 é..., se aproximamos o 9 é primo, 11 é primo, 13 é primo... Todo parece correcto.

* Eneñeiro industrial: 3 é primo, 5 é primo, 7 é primo, o 9 non funciona, traédeme a caixa de ferramentas.

* Enxeñeiro de telecomunicacións: 3 é primo, 5 é primo, 7 é primo, 9 é primo, 11 é primo... [E así segue ate que os amigos lle din que millor vaia durmir]

* Profesor: 3 é primo, 5 é primo, 7 é primo, o demáis é un exercicio proposto ós alumnos.

* Programador: "Acabo de implementar un programa que resolva o problema". Vai cara o seu terminal e fai correr o programa. Lendo a saída por pantalla di "1 é primo, 1 é primo, 1 é primo, 1 é primo...."

* Programador usando Unix: 3 é primo, 5 é primo, 7 é primo, segmentation fault. core dumped.

* Programa GNU :
% prime
usage: prime [-nV] [--quiet] [--silent] [--version] [-e script]
--catenate --concatenate | c --create | d
--diff --compare | r --append | t --list | u --update | x
-extract --get [ --atime-preserve ] [ -b, --block-size N ]
[ -B, --read-full-blocks ] [ -C, --directory DIR ] [
--checkpoint ] [ -f, --file [HOSTNAME:]F ] [ --force-
local ] [ -F, --info-script F --new-volume-script F ] [
-G, --incremental ] [ -g, --listed-incremental F ] [ -h,
--dereference ] [ -i, --ignore-zeros ] [ --ignore-failed-
read ] [ -k, --keep-old-files ] [ -K, --starting-file F ]
[ -l, --one-file-system ] [ -L, --tape-length N ] [ -m,
--modification-time ] [ -M, --multi-volume ] [ -N,
--after-date DATE, --newer DATE ] [ -o, --old-archive,
--portability ] [ -O, --to-stdout ] [ -p, --same-
permissions, --preserve-permissions ] [ -P, --absolute-
paths ] [ --preserve ] [ -R, --record-number ] [
[-f script-file] [--expression=script] [--file=script-file]
[file...]
prime: you must specify exactly one of the r, c, t, x, or d options
For more information, type ``prime --help''

* Outro programador usando Solaris: 3 é primo, 5 é primo, 7 é primo, 7 é primo, 7 é primo, 7 é primo... Bus error. Core dumped.

* Para os programadores novatos o método transfórmase:
"3 é primo, 5 é primo, 7 é primo, 9 é primo, 9 é primo, 9 é primo, 9 é ..."
Ups, volvéndoo tentar:
"3 é primo, 5 é primo, 7 é primo, 9 é ... 3 é primo, 5 é primo, 7 é primo, 9 é ... 3 é ..."
Um, vale, e probando isto?:
"3 non é primo, 5 non é primo, 7 non é primo, 9 non é primo..."
Cago nas Beta releases, a ver se agora:
"3 é primo, 5 é primo, 7 é primo, 9 é un atributo, 11 é primo..."
logo patenta o programa baixo o lema "Máis números primos que calquera outro do mercado!"
Próximamente:
"3 é primo, 4 é un atributo, 5 é primo, 6 é un atributo, 7 é primo, 8 aínda non foi implementado, 9 é o noso módulo de compatibilidade..."

* HAL9000: 10 primo, 11 primo, 101 primo...

* Usuario de Ubuntu: 3 é primo, 5 é primo, 7 é primo, o 9 será correxido na próxima entrega...

* Programador en C : 03 é primo, 05 é primo, 07 é primo, 09 é 011, que todo o mundo sabe que é primo.

* Programador en BASIC: Que é un número primo?

* Programador en COBOL : Que é un número impar?

* Programador en Windows: 1 é primo. Agarde por favor.

* Programador en Mac: E isto a que lle pode interesar? Isto non é pra usarios, xa nos ocuparemos nós por ti.

* Bill Gates: 1. Ninguén precisa máis que o 1.

* Programador nun PC200: O un é primo, o dous é primo, o tres é primo, memoria sobrepasada.

* Usando un Pentium: 3 é primo, 5 é primo, 6.9999978 é primo...

* Servizo ó cliente do proveedor: Perdoe, pero non temos queixa algunha sobre os números impares ate o de agora, ten intalada a última versión do programa?

* Lóxico:
Hipótese: Tódolos números impares son primos
Proba:
1) Se a proba é cumprida, a hipótese é certa.
2) A proba existe, estala a ler!
De 1 e 2 dedúcese que a hipótese é correcta.

* Estudante de instituto: Ben, é certo. Demostración: Supoñamos un número calquera p primo maior que 2. Como p non é divisible por 2, p é impar. CQD

* Lingüista: 3 é primo, 5 é primo, 7 é primo, 9 aaah. Podo facer do 9 un primo?

* Filósofo: Poñamos que tódolos números impares son primos e tódolos primos impares e tacháaaan

* Economista: "Asumamos que o 9 é primo..."

* Ángel Acebes: 2 é primo, 4 é primo...

* Avogado da AVT: O 2 podería selo, o 4 tamén, o 6 tamén...

* Votante do PP: O 1 é primo, o 2 é primo, o 3 é primo é o resto máis lles vale iren sendo primos

* Cristián: O 3 é primo e iso é suficientemente bo pra min!

* Cristián Católico: No principio Deus creou tódolos números por igual, primos é impares son a mesma cousa.

* Cristián Ortodoxo: Estou seguro de que a Biblia di que tódolos impares son primos.

* O Papa: O 9 é primo, e os que non o crean así serán excomulgados.

* Psiquiatra: 1 é primo, 3 é primo, 5 é primo, 7 é primo, 9 é primo pero intenta superalo, 11 é primo......

* Psicólogo: Queren selo?

* Sociólogo: 3 é un número, 3 é primo, tódolos números son primos.

* Amnistía Internacional: É correcto chamarlles impares ós números?

* Multiculturalista: Pfui! Xa estamos, clasificando os números en categorías! Sodes uns nazis.

* Fiscal: 3 é primo, así o 5 podería ser calquera cousa tendo en conta que, pero non limitándonos ó feito de que o catro podería selo ou non selo dependendo das testemuñas.

* Xuiz: Dacordo co matemático e o lóxico, o 9 será declarado primo.

* Avogado defensor: o un é primo, o tres é primo, o cinco é primo...aínda que semella existir un patrón, non hai evidencia algunha de que o nove sexa primo.

* Político: 3 é primo, 5 é primo, 7 é primo, 9 non é, 11 é primo --podemos ignorar o 9 porque temos maioría.

* Político corrupto: Por un cacho o 9 pode ser recalificado primo.

* George Bush: Que ten o 9 en contra de ser primo?

* Rumsfeld: Poñede ó nove na lista de inimigos.

(unha destas cousas que chegan por e-correo)

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath