27/06/2006

La realité



Que esperabades? Despois de catro anos volvestes picar na cana dos medios desinformativos e volvestes pensar que ista vez sí,que agora podiades, que este era o voso mundial e que só faltaban 7 partidos para serdes campións do mundo. De súpeto cruzabade-la vía da ilusión facendo a conta da leiteira coa calculadora que vos agasallaban dende os quioscos, dende a televisión e dende a radio; tan ensumidos na vosa autosuficiencia que non vistes como aló o lonxe aparecía o camión da realidade, sen freos e a todo trapo esta vez embutido na bandeira francesa.
Certo era queo camión francés semellaba un triste tractor, tocando no motor un run-run de pezas vellas que sempre é harmonía do fin dunha era, esas pezas de museo: Zidane, Vieira, Thuram, Makelele... todas sacadas das potentes fábricas das colonias galas quixeron amosar que o futbol é algo máis que correr, máis que loitar e por suposto, moitísimo máis que simplemente bos desexos; porque isto do fútbol é sobre todo competición, e hai algo claro eles saben competir, vós non.
Así foi como o lento tractor pasou por riba de vós, porque o tractor sabía que tras desta a seguinte parada é a do depósito municipal,e ía permitir iso un tractor campión do mundo?, claro que non.
En fin, vaia un saúdo dun rapaz que non pode animar á súa selección nun mundial e tivo que conformarse con aplaudir a Suiza (que putada de eliminación) , e mirándoo ben, nos cuartos estaba Brasil e por ahí si que non poderiades pasar.




















Por certo: Pablo, Pernía, Joaquín e Raúl son pésimos.

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath