30/11/2008

Isolado do mundo

Eiquí queda unha canción que coñecín fai algúns meses e que cada vez que escoito ten máis sentido e é máis fermosa. A versión que me ten perdido da cabeza é a de Sonhos que se atopa na tenda da Regueifa ( a pesares do nome, a úsica é de valde). Así que xa sabes, se a queres escoitar so tes que facer uns poucos clics, e a ligazón téla hai ó lado.

Eu vivia, isolado do mundo
Quando eu era vagabundo
Sem ter um amor
Hoje em dia eu me regenerei
Sou um chefe de família
Da mulher que eu amei
Linda, linda, linda, linda
Linda como um querubim
É formosa, cheirosa vaidosa,
A rosa do meu jardim
Se tu fores na Portela
Gente humilde, gente pobre
Que traz o samba nas veias
O samba de gente nobre
Mas ela não sabe
não sabe compadre, o que perdeu
Um amor sincero e puro,
De um escuro igual ao meu
Se ela soubesse
Que o peito padece com a solidão
Não me negava seus beijos
E me dava seu perdão

28/11/2008

Home do lado dalá da porta

Aconteceu onte, era tarde e eu tiña os ollos aínda chorosos polo fume dalgún cigarrillo cabrón. Cando descendín ó portal vin a un home dirixíndose cara min a toda velocidade. Conforme eu avanzaba máis se achegaba el, tiven medo, era máis forte ca min, e con esas pintas, temín o pior. Fíxenme a un lado agardando que pasara ó meu carón e poder olvidalo todo.
O moi fillo de puta parou tamén, entón achegámonos ó un o outro, boteille un sorriso que me foi inmediatamente devolto, coloqueille os cabelos e púxenlle o chapeu a aquil estrano, logo funme sen me despedir dil.

27/11/2008

Voar

Criu que podía voar, aquela pilula que lle deran fíxollo crer, dirixiuse á fiestra, abriuna, e ...voou.

24/11/2008

Iso son pelotas



Como dicían os extintos Heredeiros da Crus: " Á vida hai que botarlle chulería, que nadie poña en duda os teus collóns"

23/11/2008

Lumpemproletariado

Toda sociedade ten os seus desherdados, xente que por ben ou por mal (case sempre por mal) foron deixados de lado no avance imparable da locomotora humana. Foron deixados atrás na escolarización por primeira vez nas súas vidas no que foi unha cadea de abandonos ó longo de toda asúa vida. Foron esquencidos por un sistema que busca a realización persoal coma o afogado busca o ár.
Dixo Lula que a fame non produce revoltas , a fame é moito máis puta e ten a mala idea de producir sumisión, e quizais sexa isa a característica máis distintiva que Marx lle atribuía a ista franxa social.
O lumpemproletariado está formado por esas persoas coas que nos cruzamos mil veces polas rúas e mil veces non as vemos, non é que sexamos unha banda de desgraciados nin que merezamos castigo, simplemente non os vemos e o máis próximo que estamos de velos é cando un anuncio nolos pon diante para vendernos máis Coca-Cola, ou un coche ou unha aspiradora máis potente.
Esta xente, na maioría dos casos non ten a capacidade de trocar o concerto social precisamente porque a súa marxinalidade mutila esa capacidade.
Pero nós, os que puidemos estudiar, os que fumos nados en casa (razoablemente) farta, si temos o deber de facer algo. É certo que conforme as capacidades do Estado avanzan o problema tende a desaparecer, pero o erro último consiste en non dotarnos de medios contra a súa reaparición.
Sen dúbida a solución pasa pola creación dun sistema educativo público de calidade, onde tódolos nenos partan coas mesmas oportunidades e poidan crecer en base ó seu propio esforzo e á súa capacidade. Tamén por un aumento da productividade do traballador (lembremos que en España trabállanse máis horas ó chou que no resto de Europa), dista maneira, aínda que a alienación da producción do proletariado aumente, tamén poderán aumentar os beneficios recibidos polas clases sociais máis desfavorecidas.
A pregunta que queda no aire é ¿todo isto como se fai?

07/11/2008

Liberdade!!!!



¿ En canto valoramo-las cousas das que disfrutamos e ás que non contribuímos?

05/11/2008

Frases idiotas

Xa me amola ter que oir sempre aquilo de "De los errores se aprende".
¿Non sería moito millor, digo eu, morrer ignorante?

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath