23/11/2008

Lumpemproletariado

Toda sociedade ten os seus desherdados, xente que por ben ou por mal (case sempre por mal) foron deixados de lado no avance imparable da locomotora humana. Foron deixados atrás na escolarización por primeira vez nas súas vidas no que foi unha cadea de abandonos ó longo de toda asúa vida. Foron esquencidos por un sistema que busca a realización persoal coma o afogado busca o ár.
Dixo Lula que a fame non produce revoltas , a fame é moito máis puta e ten a mala idea de producir sumisión, e quizais sexa isa a característica máis distintiva que Marx lle atribuía a ista franxa social.
O lumpemproletariado está formado por esas persoas coas que nos cruzamos mil veces polas rúas e mil veces non as vemos, non é que sexamos unha banda de desgraciados nin que merezamos castigo, simplemente non os vemos e o máis próximo que estamos de velos é cando un anuncio nolos pon diante para vendernos máis Coca-Cola, ou un coche ou unha aspiradora máis potente.
Esta xente, na maioría dos casos non ten a capacidade de trocar o concerto social precisamente porque a súa marxinalidade mutila esa capacidade.
Pero nós, os que puidemos estudiar, os que fumos nados en casa (razoablemente) farta, si temos o deber de facer algo. É certo que conforme as capacidades do Estado avanzan o problema tende a desaparecer, pero o erro último consiste en non dotarnos de medios contra a súa reaparición.
Sen dúbida a solución pasa pola creación dun sistema educativo público de calidade, onde tódolos nenos partan coas mesmas oportunidades e poidan crecer en base ó seu propio esforzo e á súa capacidade. Tamén por un aumento da productividade do traballador (lembremos que en España trabállanse máis horas ó chou que no resto de Europa), dista maneira, aínda que a alienación da producción do proletariado aumente, tamén poderán aumentar os beneficios recibidos polas clases sociais máis desfavorecidas.
A pregunta que queda no aire é ¿todo isto como se fai?

Nenhum comentário:

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath