25/11/2007

Aviso: Políticamente moi incorrecto

Propón o PSOE: 2500 eurazos por fillo/a + 1000 máis se cumpres certos requisitos extras = 3500 euros potenciais. ( Zapatero paga esta ronda e patrocina os teus polvos)
Propón o PP: Préstamos a interese fixo ao 0% para as víctimas de violencia de xénero. ( Por cortesía de Ana Pastor, que de bancos debe saber pouco, moi pouco)

Propoño eu: "Cariño, préñame e pégame". ( Avisei que era poíticamente incorrecto)

02/11/2007

Adeus a Redes



Todos os que amamos a ciencia en maior ou menor medida, e que nos gusta vela divulgada nos medios publicos, temos motivos hoxe pra nos queixar, porque os "xenios" e "expertos" de televisión española decidiron quitar da parrilla o programa Redes de Eduard Punset.

O que está a pasar coa ciencia neste país é de vergoña absoluta, no momento en que hai máis xente interesada pola ciencia, no momento de cambios espectaculares, de descubrimentos que fan avanza-lo noso nivel de vida de maneira considerable, a televisión que se di de todos considera que os programas totalmente estúpidos de bailes de famosos, de concursos de paletadas, de misas e de toda canta merda hai no mundo, teñen máis direito a aparecer na pantalla que a ciencia, que ten como único mérito o avance social e técnico das sociedades realmente modernas.

Non somentes era eu un fiel seguidor do programa ( no seu horario para toda a familia das " e pico" da madrugada) senón que estaba sorprendido pola paciencia que Punset tiña, no seu fabuloso empeño por manter un espazo verdadeiramente cultural nun mundo podre como é o da televisión.

Ademáis recoméndovos a todos pensar o seguinte ( eu so recomendo, logo cada un que pense o que lle saia dos miolos), se a televisión pública non gaña cartos, e é máis, perde cartos, está claro que o que non lle podemos pedir é que compita polas audioencias con espacios tan deleznables ( con Z) como os que aportan ás ondas Antena 3 e máis Tele 5, pero o que si podemos e mesmo debemos esixir é que os medios de comunicación públicos redunden no noso beneficio cultural. Anída que isto que digo quero matizalo, a cultura non é só un cuadro, unha canción, unha escultura , etc. Iso sería como dicir que o futbol é un balón ou que a narrativa é un bolígrafo. A cultura de verdade, a que se di verdadeira cultura é a que fai que se dean os grandes avances sociais, e neste último século, a ciencia , en todas e cada unha das súas ramas, propiciou máis debates filosóficos, artísticos e filantrópicos do que deu na historia.

Cando todos se estancan, isto é, cando a filosofía queda enquistada en contemplacións inanes, cando o arte queda recluido no comercialmente rendible ou no aplauso fácil e condescendente pró que non se entende (cando os máis burros do lugar louban unha solemne e rotuda merda precisamente por non pareceren os máis burros do lugar), a ciencia sempre avanza, paseniño, con soldos en moitos casos miserables, con vidas e carreiras entregadas con devoción á consecución dun fin real e tanxible ( mirade o caso da erradicación da malaria), a ciencia non se para en futilidades, de todo saca proveito; a ciencia non se centra no rendible económicamente, os científicos fon e foron os impulsores do verdadeiro cambio social que fai que non pasemos frío, que non morramos de fame ou que non perdamos a esperanza cando estamos enfermos.

Pero supoño que non temos a sorte de vivir nun pais que valore nin á ciencia nin a quenes a fan posible. Vivimos nun país onde parece máis importante a puta que lle comeu o carallo a un decoñecido que os tipos que fixeron posible a bombilla, o teléfono, a lavadora e un longo etcétera.

En fin, pase o que pase a ciencia avanza, e nos con ela, é unha partida que temos gañada por lei e por direito propio.

Unha aperta a todos os televidentes diste magnífico programa é animarvos a ve-la derradeira emisión que se non me trabuco é o vindeiro domigo 4, como sempre de noite, como sempre seremos catro gatos, como sempre, como sempre....

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath