19/02/2006

3 Daft Monkeys


A primeira recomendación musical que fago vai adicada a iste interensantísimo grupo cornellés creado a partires da escisión de Lordryk, todos os que me coñecedes sabedes da miña ben crecida alma "folqui" así que quero que todos gocedes deste simpático trío. O caso é que estas tres cabeciñas pensantes decidiron seguir a trasmitir boas vibracións en forma de animadas cancións, se con Lordryk soaban ben, agora non ían ser menos. Botádelle unha ollada á súa web, con material diverso sobre o grupo.
Xa me diredes se vos valeu a pena a visita, seguro que non vos defraudan.

18/02/2006

Por gracia de Deus

Desgraciadamente o tema do maltrato fai moito tempo que para os medios deixou de ser unha desgracia para convertirse nunha mera estatística, esquencendo que as víctimas teñen cara e nome, pero a culpa dese esquecemento é de todos nós cando non nos alporizamos ó escoitarmos cousas coma ésta.
Menos mal que alomenos esta vez tivo unha resposta condenatoria por parte do gremio, pero nun país que bate cada ano o seu triste record de violencia doméstica, as verbas de Gonzalo Gironés deberían conducilo á preseza dun xuez e como mínimo a ser condeado a traballar nun deses centros de acollida ós que as mulleres teñen que fuxir buscando amparo, a ver se así recapacita sobor da inmensa burramia que dixo.
Ningunha provocación verbal da dereito a lle poñer a mau enriba a unha muller, actos así non deben quedar impunes é mester denuncialos.

Tócanos a nós??


É posible que o novo estatuto galego conte co apoio de tódalas forzas políticas do país?
Sairán Don Mariano e Don Manuel á rúa a procurar firmas para que non se desmembre a sacrosanta nación española?
Imos facer un xogo, vós enviádeme os vosos comentarios e eu escollerei o máis simpático (se é que chega algún) e publicareino con fotos comentarios e engadidos varios, o caso é botar unhas risas antes de que o trebón político chegue ás nosas costas.

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath