28/10/2009

Fermosa imaxe de Google Maps

Sempre que uso Google Maps véñenme á cabeza un par de pensamentos.
  1. Paréceme espectacular que unha ferramenta coma esta sexa de balde.
  2. Que pequeno é o mundo
A imaxe que vedes é a cidade santa de A Meca.


17/10/2009

O xogo de Cronos

Ollai irmaus,
canto comeza acaba.
Deixámo-lo berce
e xa erguemos casa,
e mentres uns chegan
outros pasan.

Ollai musas,
canto comeza acaba.
Mistúranse as artes
e con gracia,
trocamos estilos
cal se non fosen nada.

Ollai herois,
canto comeza acaba.
Desafiades ós ventos,
mentres as horas acampan,
e buscades quecervos
á beira das lapas.

Ollai poderes,
canto comeza acaba.
Caen os imperios
e os reinos cambian,
mudamos gobernos
e castes e razas.

Ollai pois vós
canto comeza acaba.
Debuxando a realidade,
máis cando ista ataca
deixamos os soños
orfos de almofada.

Ollai cómo tamén
canto comeza, remata.

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath