29/04/2008

Cómo usá-o amarillismo en beneficio propio

Hoxe deuse un desgraciado accidente aéreo en Madrid, nas proximidades do aeroporto de Cuatro vientos (LECU), e a calamidade fixo que nos custase a vida de dous homes. Os finados foron un instructor de voo e mailo seu alumno, a esta hora descoñezo as súas identidades, pero laméntoo moitísimo, sobre todo polos seres queridos que os van ter que sobrevivir, descansen en paz outros dous homes do aire.
Esta pésima nova podería ter sido moito máis tráxica se a avioneta na que navegaban tivese acabado na M-40, estrada de circunvalación de Madrid, alomenos agardo a que as investigacións que están sendo levadas a cabo demostren a valía dos pilotos, e a súa capacidade de evitar o que tería rematado en traxedia.
Pero escribo todo isto profundamente indignado coa profesión periodística (en concreto coa Cdena Ser) por ignorá-ls datos técnicos, isto é, agardar a un pronunciamento das autoridades ben do aeroporto ben de Aena, e ir directamente ao amarillismo que proporcionantan gratuítamente as opinións dos viandantes e das comunidades de veciños próximas.
Vouvos pór un pouco en antecedentes:
Resulta que o Aerodromo de Cuatrovientos é un espazo moribundo debido a unha política de navegación aérea discutible, moi discutible. O que tiña que ter sido a solución a moitos dos problemas de capacidade do cercano Barajas (este si que o coñecedes), viuse relegado a uns poucos voos ó ano (e pódome trabucar, pero coido que un 80% son de aprendizaxe), e a cargar coas queixas polo ruido  por parte dos veciños colindantes.
O que ninguén parece querer dicir é que isto non foi así sempre,  non foi o aeroporto chantado en metade das casas, senón que a cousa seguiu iste camiño:
  1. A principios do século XX as autoridades españolas decidiron construir un aerodromo equipado para aquelo que tan ben pintaba, unha nova tecnoloxía chamada aviación. O luga escollido foi Cuatrovientos, localidade próxima a Madrid. Supoño que non hai que dicir que nas inmediacións non había urbanizacións.
  2. O aerodromo crece, sendo necesarias instalacións técnicas e vías de servizo (estradas).
  3. A disposición das vías revaloriza os terreos próximos-------------> Especulación
  4. Os terreos comezan a ser vendidos pra construír urbanizacións dormitorio de Madrid.
  5. O aerodromo queda chantado en metade de delirios urbanísticos.
  6. Os delirios urbanísticos son vivenda de xente, a xente quere durmir, o aerodromo fai ruido, ergo as asociacións de veciños terán que demostrar que valen pra algo e queixarse. Que si isto é intolerable, que si aquilo tal, que se o outro cual, etc etc etc
Entre uns (veciños) e outros (políticos e mass media) conseguiron que o aeroporto entrase en decadencia, e nesta estamos a día de hoxe.

10/04/2008

EuroGeta

Estou chorando, estou fodido,estou enfadado co mundo e coa historia, estou enfadado co fútbol,anóxame , en fin, todo.
Non era o meu equipo, e foino. Nunca fun o seu siareiro e , sen embargo,funo.
O Getafe caeu coa gloria que tan só otorga o fútbol, ningún outro deporte outorga tanta gloria e á vez tanto instantáneo olvido.
Cando un equipo pequeno está a punto de mallar a un grande soen ocurrir estas cousas. Un balón que estúpido rosma por escapar do porteiro, un árbitro que che amputa un xogador, unha falta no borde do área.... o gol, o gol...... o puto gol....... ese puto gol de merda, ese gol que pón a posteridade dunha agónica victoria tan lonxe.
Pero qué partido, qué orgullo, qué equipo.
Alguén cree que gañou o Bayern?, eu non.


VICTORIA!!!

04/04/2008

O Boxeo

Fai poucos anos que descubrín o Boxeo, antes só lembraba telo visto de pasada na casa dos meus avós, moita veces grabado en cintas vhs, todas apiladas nun armario do salón.
Non son practicante, nin entendido, nin nada diso, pero non sei que é o que fai que cando o vexo non podo deixar de miralo. Supoño que o segredo está na loita, na entrega e no sufrimento extremo de dous deportistas que suben ao ring a dalo todo, e esa crase de entrega é sempre engaiolante prós que amamo-lo deporte.
Agora que o fútbol moitas veces semella un pase de modelos, con xogadores choromicas e embustes a todo tren no que debería ser un deporte de contacto atrevido; os boxeadores conservan moitas veces ese aire de tipos aos que só os seus puños puideron sacar da fame.

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath