20/01/2006

Isto foi to...isto foi to...isto foi tooooooodo amigos


O rexente fai saber que queda pechada a cociña deste garito ata que o cociñeiro remate de exames, así que o vindeiro día 15 de febreiro voltaremos con máis receitas suculetas.
Unha aperta a todos e a todas (especialmente prá churrusqueira).

08/01/2006

Animaliños






A promesa obriga, velaiquí as imaxes tomadas en Fontefiz o Día de Reises, que vos presten.

Pensando en verde (1)

Vou comezar a sección de tralla ecolóxica lanzando un berro (que ben podería ser o de ''malditos bastardos'') contra esa escolma de mentes "pensantes" que están a destrozar os nosos montes coa plantación masiva de eucaliptos. Todo o mundo sabe que o eucalipto é unha árborede rápido crecemento e que precisa de moi poucos coidados (case ningún) para agromar, e tamén todo o mundo sabe que , por desgracia, esta árbore adáptase idóneamente ós intereses das empresas madereiras galegas, as maiores culpables desta desfeita (vaaaaale, ó final os culpables somos toooooodos, pero é por concretizar). Pero resulta que o eucalipto non só é unha fonte de madeira rápida e barata (o que conleva tamén engadida unha ínfima calidade respecto doutras madeiras) senón tamén unha das prantas máis agresivas co entorno que as acolle. Estes mangallóns do reino vexetal son capaces de chucharen todo o auga da terra sen ningún problema, co cal non deixan sufuciente para o resto; non contentos con iso, as súas follas son velenosas para outras especies debido á súa composición (nunca vos fixastes en que raramente hai herba nos seus bosques?) ; aínda con esto non se conforma o simpático arboliño que como máis destacable propiedade na moda de verán tén a capacidade de prender con só pedirllo. Fai falla dicir algo máis para dármonos de conta que é altamente perxudicial para o noso medio?.
Para rematar, aconséllovos a todos e a todas que visitedes a páxina de ADEGA para máis información sobor do tema, creo que ademáis foron eles os que previron que a próxima especie animal endémica de Galicia será o Porkoala.

06/01/2006

Que vivan as ovellas!!!!



Qué pose, qué talento natural, esta imaxe saqueina de Fontefiz e non puiden resistir a tentación de photoshopeala un pouco. Espectacular a cara de pasividade das ovellas cando un baldreu (niste caso eu) lles saca unha foto baixo unha choiva de mares. En qué pensarán as ovellas? Doado: ''Aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaai que rapaz, está pingando e ponse a tirar fotos de nós'', pode ser que teñan toda a razón do muno, pero pola imaxe valeu a pena a molladura.
Tamén vai a imaxe orixinal.

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath