23/09/2006

Windows, Linux e a nai que os fixo


Teño moitísimos problemas co meu (non tan) vello ordenador, un Pentium III a 866, e nas últimas datas só conseguín empeoralos mediante varios cambios de sistema operativo; como facer isto?, atentos á receta da casa:
Paso 1: "Mmmmmm, Windows 98 non funciona" (de feito só actuaba cunha resolución de risa en 16 cores.

Paso 2: Dúas opcións:
a) Rastrexar toda a web buscando codecs,controladores (aka Drivers), programas que me digan qué está a pasar..... Resultado infructuoso, os codecs non van, os controladores non controlan e os programas de erros escarallábanse da risa.
b) "Poida que sexa o momento de pasarme a Linux".....Idea tamén coñecida coma "Caixa de Pandora".

Paso 3: Comeza a operación " Caixa de Pandora", que distribución lle meto?, de onde a saco?, por que carallo desinstalei Windows?

Paso 4: Conseguidas varias distribucións de linux (Ubuntu 6.06, Ubuntu 5.10, Kubuntu 6.06, Triskel e varias máis) probar unha.

Paso 5: Ver se é posible entenderse con ela (instalar cousas,traballar, escoitar música), compre engadir que o ordenador non ten acceso a Internet, xa que logo o uso dos repositorios faise case que utópico.

Paso 6: Repetir os pasos 4 e 5 ( trocar "unha" por " outra")

Paso 7: Repetir o paso 6

Paso 8: Repetir o paso 6

Paso 9: Repetir o paso 6
.
.
.
.
.
Paso (pon o número ti, eu tardei en cansar) : Repetir ad eternum sen obter resultado

Paso (anterior+1): Ver se o Windows XP podería funcionar.... Consigue unha copia e observa como o teu ordenador intenta instalalo ata que de repente (xa o botaba de menos), pantallazo azul co seguinte:

"IRQL_NOT_LESS_OR_EQUAL" e logo un montón de tecnicismos inintelixibles.

Paso (anterior + o que lle botes): Volvelo intentar, sabendo que, fagas o que fagas, non, non vai funcionar.

Paso antepenúltimo: Ver como o ordenador está agora sen sistema operativo e como novo agasallo, non che deixa instalar ningún (momento eléctricamente bonito).

Paso penúltimo: Armarse de paciencia, ver como unha miga túa rifa contigo por non tela chamado durante todo o verán (que pasaches co cálido runrun do ventilador do ordenata) mentres ti estás abstraído intentando resolve-lo problema mentalmente, intentando explicar que ti tamén tés os teus propios problemas (de feito, se o queredes blogueo o mail que me enviou, non ten perda)

Paso último (hahahahaha, eso pensas): Velo con perspectiva ("sempre fun un negado") e bloguealo pra que a xente se mofe de ti (polo menos botan unhas risas).



Xa que logo quedo coa dúbida:

Paga a pena instalar un sistema operativo tipo linux, completamente persoalizable, de valde e moito máis molón queo windows, caqndo un non ten nin puta de idea de como artellar as cousas máis básicas.... ou seguir dependendo do monopolio das fiestras?

Moi atentamente:

André Rivero----------- O usuario.

P.D.: Se alguén ten idea e vese con gañas de axudar, non o dubidedes, as vosas ideas non serán, nin de lonxe, peor cas miñas.

Voltamos !!!!!


Tralas vacacións do verán intentarei actualizá-lo blog con máis asiduidade (propósito que de seguro non ei tardar en incumplir). Agardo que vos guste, ou que polo menos podades tirar del algo interesante.
Tamén intentarei personalizalo, dado que o estilo emprestado polo blogger é bastante feiño, pero como din por ahí, évos o que hai.
Para quen non o saiba, a imaxe é do inimitable Quino.

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath