23/09/2006

Windows, Linux e a nai que os fixo


Teño moitísimos problemas co meu (non tan) vello ordenador, un Pentium III a 866, e nas últimas datas só conseguín empeoralos mediante varios cambios de sistema operativo; como facer isto?, atentos á receta da casa:
Paso 1: "Mmmmmm, Windows 98 non funciona" (de feito só actuaba cunha resolución de risa en 16 cores.

Paso 2: Dúas opcións:
a) Rastrexar toda a web buscando codecs,controladores (aka Drivers), programas que me digan qué está a pasar..... Resultado infructuoso, os codecs non van, os controladores non controlan e os programas de erros escarallábanse da risa.
b) "Poida que sexa o momento de pasarme a Linux".....Idea tamén coñecida coma "Caixa de Pandora".

Paso 3: Comeza a operación " Caixa de Pandora", que distribución lle meto?, de onde a saco?, por que carallo desinstalei Windows?

Paso 4: Conseguidas varias distribucións de linux (Ubuntu 6.06, Ubuntu 5.10, Kubuntu 6.06, Triskel e varias máis) probar unha.

Paso 5: Ver se é posible entenderse con ela (instalar cousas,traballar, escoitar música), compre engadir que o ordenador non ten acceso a Internet, xa que logo o uso dos repositorios faise case que utópico.

Paso 6: Repetir os pasos 4 e 5 ( trocar "unha" por " outra")

Paso 7: Repetir o paso 6

Paso 8: Repetir o paso 6

Paso 9: Repetir o paso 6
.
.
.
.
.
Paso (pon o número ti, eu tardei en cansar) : Repetir ad eternum sen obter resultado

Paso (anterior+1): Ver se o Windows XP podería funcionar.... Consigue unha copia e observa como o teu ordenador intenta instalalo ata que de repente (xa o botaba de menos), pantallazo azul co seguinte:

"IRQL_NOT_LESS_OR_EQUAL" e logo un montón de tecnicismos inintelixibles.

Paso (anterior + o que lle botes): Volvelo intentar, sabendo que, fagas o que fagas, non, non vai funcionar.

Paso antepenúltimo: Ver como o ordenador está agora sen sistema operativo e como novo agasallo, non che deixa instalar ningún (momento eléctricamente bonito).

Paso penúltimo: Armarse de paciencia, ver como unha miga túa rifa contigo por non tela chamado durante todo o verán (que pasaches co cálido runrun do ventilador do ordenata) mentres ti estás abstraído intentando resolve-lo problema mentalmente, intentando explicar que ti tamén tés os teus propios problemas (de feito, se o queredes blogueo o mail que me enviou, non ten perda)

Paso último (hahahahaha, eso pensas): Velo con perspectiva ("sempre fun un negado") e bloguealo pra que a xente se mofe de ti (polo menos botan unhas risas).



Xa que logo quedo coa dúbida:

Paga a pena instalar un sistema operativo tipo linux, completamente persoalizable, de valde e moito máis molón queo windows, caqndo un non ten nin puta de idea de como artellar as cousas máis básicas.... ou seguir dependendo do monopolio das fiestras?

Moi atentamente:

André Rivero----------- O usuario.

P.D.: Se alguén ten idea e vese con gañas de axudar, non o dubidedes, as vosas ideas non serán, nin de lonxe, peor cas miñas.

2 comentários:

Anônimo disse...

Andresiño non te enteras de na ou iso ou tes unha kaka de pc. O meu vello pc un pentium III a 733 funciona k te cagas co windows XP. Descargame de interenet todo o k kero e a 100 por hora e para mais teñolle unha tarjeta de tv integrada co k me permite a vez ver a tele.... asi k non sei k fas co teu...

Oskiña disse...

André, pásate a Mac, non te arrepentirás :-)

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath