07/12/2006

Comentando, que por comentar non quede


Os comentarios dos posts non son lugar pra insultar, non son lugar pra belixerancia e moito menos son lugar pra falar do que non se ten nin puta idea.
Algún non saben que seguramente eu fun moito máis participe que eles dun tal "cambio" ( que polo visto e desgraciadamente non da chegado), por iso memo falan e botan a lingua a pacer, pensando que só eles son os depositarios do futuro.
O fundamentalismo mata, renegrece e atrasa; os que a el se acollen non avanzan máis que cara atrás,e claro, así avanzan vendo como a realidade lles vai á contra.
Por suposto que pasaron os tempos dos señores feudais, por eso agora nalgúns dos pazos da nosa terra hoxe poden vivir aqueles que neles traballan (algo que me parece lóxico),que os manteñen e que neles gardan as súas vidas. Porque tambén habería que ver o estado dalgún dos nosos pazos se neles non se traballara, se neles non se vivira, se por eles non se mirara.
Queremos outra época?, si?, os traballadores e as súas familias son quenes representan ese cambio, esa nova época.
Por certo, a xente normal firma cun nome, os anónimos desaparecen nas marxes do tempo.
Pró meu amigo anónimo :
Comprendo que queiras cambio, todos o quixemos (fomos os máis polo menos) e mesmo algúns aínda o queremos (o cambio de nomes non é suficiente pra nós, que lle imos facer?), así que a próxima vez que pidas cambio, pregúntate que carallo fixeches ti por ese cambio, non preguntes o que fixemos os demáis, estamos demasiado ocupados cambiando o mundo como pra responder.
E agora vou seguir estudiando, o traballo é o auténtico cambio que precisamos.

PD: Cambia, pensalo dúas veces antes de escribir pode ser un primeiro paso ( un consello de amigo a amigo)

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath