28/11/2008

Home do lado dalá da porta

Aconteceu onte, era tarde e eu tiña os ollos aínda chorosos polo fume dalgún cigarrillo cabrón. Cando descendín ó portal vin a un home dirixíndose cara min a toda velocidade. Conforme eu avanzaba máis se achegaba el, tiven medo, era máis forte ca min, e con esas pintas, temín o pior. Fíxenme a un lado agardando que pasara ó meu carón e poder olvidalo todo.
O moi fillo de puta parou tamén, entón achegámonos ó un o outro, boteille un sorriso que me foi inmediatamente devolto, coloqueille os cabelos e púxenlle o chapeu a aquil estrano, logo funme sen me despedir dil.

Nenhum comentário:

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath