15/05/2008

Reacción de Stewie ó video 2g1c

Moitos de vós teredes visto o video "2 girls 1 cup", no que fomos instruídos en hábitos culinarios pouco comúns, e tamén teredes visto os videos-resposta nos que podemos apreciar as reaccións doutros infelices que tamén o viron. Pero o que eu non coñecía era a reacción de Stewie Griffin, imperdible. Prós que esteades empantanados co inglés, intentarei traducilo:

Brian (atado a un poste) - Escoita, preciso da túa axuda. Corre dentro e tráeme unhas tixeiras!
Stewie- Non.
B- Por que non?
S- Porque me fixeches ver ise video coas dúas mozas e máila copa.

(Cambio de escea, no que ambos están diante do ordenata pra vé-lo video)

S-Vale, qué vas facer?
B- Ssshhh, só atende.
S- Por que grába-la miña reacción?
B (colocando a webcam)- Só atende.

Comeza o video

S- Moi ben, son claramente lesbianas..... ouh non!.....que carall..?.....agarda......agarda (risiñas do Brian)....que?........QUE!?....Non...NON......aarggh......Aaargh.....AAAAARRRGGHHH.....Que acontece contigo?....Meu Deus!!!!......oohh....oooohhh...OOHHHH......Non o podería imaxinar.....agora vou berrar outra vez..MEU DEUS!!!! (Stewie xa non pode máis e tapa a boca mentres segue mencionando ó altísimo)

Despois de recuperarse un pouco

S- Oug, iso foi NOXENTO, por Deus. Imaxinas que o fixeran dous tipos? Por Deus, sería INCLUSO pior. Eso realmente existe?....Onde o atopaches? Ímolo escribir (no buscador) e a ver qué sae.

Nenhum comentário:

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath