01/06/2008

Adeus avó.

Levo semanas tentando escribir estas verbas, tentando coller forzas para escribir algo que fose o suficientemente bo, algo pra que te sentiras orgulloso de min... non sei, algo alomenos.
Mentres soa "Wish you where here" ("Oxalá estiveses eiquí") de Pink Floyd intento apartá-las bágoas que non me deixan ver o teclado e escribir unha despedida, a que non che puiden dar, ou a que non souben darche.
É curioso cómo funciona a vida, moitas veces tiña pensado en cal sería a miña reacción cando te foras, hoxe por desgracia esa dúbida atopouse coa súa resposta.
Bótote de menos avó, iso é o único que alcanzo a dicir. Sei que se estiveses eiquí dirías que hai que ser home abondo, lembro que te aldraxabas comigo cando choraba, que un home non chora dixechesme. Agardo non me teñas esta en conta.
Esteas onde esteas querería darche un  derradeiro bico, eses que non querías antes, que os homes dan a man, non bicos, pero ¿que sei eu?
En fin, só queda alzá-la testa, mirar adiante e saber que tempos virán.

Un bico grande avoeliño. Alá onde deas os paseos agora.

Um comentário:

Anônimo disse...

Moito animo andresiño, o teu avo e todo o mundo esta orgulloso de ti non teñas dubida!!!
Asi k ahora a mirar cara adiante e con moita forza para superar con exito os exames.

un bikiño. lou

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath