12/03/2008

Os E-nderezos que ligo no blog

Todos estes enderezos están eiquí cada un por un motivo en concreto, velaquí as razóns:

A Regueifa: Son un amante (irredento) da música, e iste é o mellor blog en galego adicado á música. Alén diso sempre hai que ser agradecido con quen che aprende algo, e eu coñecín gracias a iste blog moitas maneiras diferentes de colocar notas (Fanny+Alexander, Bibiano Morón, Instiga....) e todas boas

Aduaneiros: Cando arte e humor se xuntan nacen espazos coma Aduaneiros sem Fronteiras, non penso quitá-lo link aínda que non volvan.  Ás veces é importante poder perderse o respeto a un mesmo (pero non deixes que che vean).

Bartolo Luque: Iste home reenamoroume da ciencia. As matemáticas, a física, a estatística e outras teñen un lado práctico ben coñecido, pero Bartolo Luque sácalles a vis cómica e preséntallas ao alumno dunha maneira diferente. O perfecto exemplo de que un profesor non ten que queimarte para que aprendas, ten que convercerte de que queres aprender ( e abofé que o fíxo).

Blog de Eduard Punset: Que dicir dun home que leva tantos anos no televisor combatindo a basura coa única axuda da ciencia. Un comunicador carismático, ameno e mesmo acabas por collerlle cariño.

Bluemars: Sempre estudiei con música nas orellas (non podo facelo doutro modo) e desque descubrín o stream é un fixo nos altofalantes do ordenador.

GANSADAS (Grupo de estudio): Di un dito sobre o matrimonio que a vida é unha carga tan pesada que fan falla dúas persoas para soportala e ás veces mesmo tres. Cos estudios pasa tres cartas partes do mesmo. Mónico, Dani, O Coru, Ricardo, Lara... todos xente que teñen a desgracia de posuír apuntes suculentos.

Grupo de usuarios de GNU/Linux: O bo, se é libre....

Guia do Hardware: Que vou dicir, un namórase poucas veces na vida.

Historia da aviación: Porque son un pai orgulloso do enxendro.

La web de física: A física ten a desafortunada propiedade de crearme máis dúbidas das que me resolve.

Linux-Galicia: O bo, se é libre e se fai en grupo....

Proxecto S.E.T.I.: Porque como din algúns "I want to believe". Espazo, a derradeira e á vez a primeira das fronteiras.

Razón dos meus desvelos: Dixo Ortega que "Eu son eu e mailas miñas circunstancias". Eu teño un montón de circunstancias e pouco eu ( botade un sorriso se colledes a broma).

Richard Stallman: Porque se voltase nacer querería ser coma él, sen ser coma él pero sendo coma é ó tempo que son eu mesmo,él, as circunstancias que son e deixo de ser pero non sendo que sexa coma coma él (isto polo GNU).Dádevos unha bofetada se colledes a broma, millor dito, se a entendedes, deixade o que esteades a facer, buscade unha ponte, un pedrolo ben gordo e atade cabos.

Nenhum comentário:

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath