06/03/2008

Lume (ideas perigosas)





Hoxe veume á cabeza un dos momentos en que máis claro tiven que os estudantes de enxeñarías temos algo no cogote que funciona á contra de como debería ( alén diso case todos temos avarías mentais máis ou menos graves), á contra do natural instinto de supervivencia.
Durante o exame de Mecánica (un exame de catro horas aproximadamente) soou a todo meter o chiflo da alarma de incendios da escola, e nise momento desapareceron as persoas e as máquinas tomaron o lugar. Ninguén se moveu do sitio, todas as calculadoras mentais coa mirada fixa no papel, nin un chío, os profesores non cambiaron o rictus mortis da cara e todo continuou igual ate que a alarma calou definitivamente.
Isto que podería non ter sido nada ( de feito non foi nada), deixou á luz a nosa profunda estupidez. A alarma obriga a sair do edificio cando iste está ocupado por persoas, pero cando os inhabitantes son robots qué máis da. Pareceume sorprendente que niguén se erguera ( eu tampouco) e supoño que haberá un par deles que pensarán coma min: " ¿ Por que non me erguín?", a resposta é ben simple e ven de contado á mente " Polo exame".
¿Que estamos dispostos a facer por aprobar ? Algúns a nada, outros a que lles prendan lume.



PD: Sen coña, se oes unha alrma, corre, pode ser que soe por algo.

Nenhum comentário:

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath