27/03/2007

Colleríano?


Onde andará o violador ise? Nas Molucas? Co Bin Laden?
non sei por qué, pero seguro anda moi agochado.

17/02/2007

Parte de batalla

Por fin rematei cos condenados exames do primeiro cuatrimestre, así que , por variar, imos xogar a adiviñar cantas poideron caer, as respostas antes dun mes.
Presenteime a 5 (todas) e creo que poden caer un par delas.
O tempo dirá (e os que corrixen dirán outro tanto).

07/12/2006

Comentando, que por comentar non quede


Os comentarios dos posts non son lugar pra insultar, non son lugar pra belixerancia e moito menos son lugar pra falar do que non se ten nin puta idea.
Algún non saben que seguramente eu fun moito máis participe que eles dun tal "cambio" ( que polo visto e desgraciadamente non da chegado), por iso memo falan e botan a lingua a pacer, pensando que só eles son os depositarios do futuro.
O fundamentalismo mata, renegrece e atrasa; os que a el se acollen non avanzan máis que cara atrás,e claro, así avanzan vendo como a realidade lles vai á contra.
Por suposto que pasaron os tempos dos señores feudais, por eso agora nalgúns dos pazos da nosa terra hoxe poden vivir aqueles que neles traballan (algo que me parece lóxico),que os manteñen e que neles gardan as súas vidas. Porque tambén habería que ver o estado dalgún dos nosos pazos se neles non se traballara, se neles non se vivira, se por eles non se mirara.
Queremos outra época?, si?, os traballadores e as súas familias son quenes representan ese cambio, esa nova época.
Por certo, a xente normal firma cun nome, os anónimos desaparecen nas marxes do tempo.
Pró meu amigo anónimo :
Comprendo que queiras cambio, todos o quixemos (fomos os máis polo menos) e mesmo algúns aínda o queremos (o cambio de nomes non é suficiente pra nós, que lle imos facer?), así que a próxima vez que pidas cambio, pregúntate que carallo fixeches ti por ese cambio, non preguntes o que fixemos os demáis, estamos demasiado ocupados cambiando o mundo como pra responder.
E agora vou seguir estudiando, o traballo é o auténtico cambio que precisamos.

PD: Cambia, pensalo dúas veces antes de escribir pode ser un primeiro paso ( un consello de amigo a amigo)

25/11/2006

Flipo, flipo doble, flipo triple


E é que é como pra fliplar, estar sentado nun curruncho de Madrid, estudiando termodinámica (outra vez) e ver como ans notas do "Non podo máis" de The Homens aparecen no programa de cine da SER non é cousa que adoite acontecer.
Entón lembrei que tiña un blog (...) e que non sei por qué non falei deste fantástico grupo antes, ou de tantos outros grupos que son descoñecidos pró gran público pero que teñen moito máis "aquel" que as propostas das multinacionais.
The Homens, non cambiedes, a min gustádesme tal como sodes, quero seguir mercando bos discos a razoables e quero seguir disfrutando de música feita con grandes doses de ... o sexa que lle botedes pra que soe tan ben e pegue tanto no oído.
Ós que nunca os escoitastedes só unha cousa:
PROBADE O DIFERENTE

21/10/2006

Seguro de vida???



Acaboo de ler, e non o podo crer, unha vez tras outra dígome que non pode ser certo, que non hai xente no mundo que poida chegar a ser tan ruín, pero si, haina.
Ten a túa empresa contratado algún seguro de vida por ti?, infórmate ( especialmente adicado ós que traballades na construcción ou con maquinaria pesada), se é así, investiga quen será o beneficiario dese seguro cando ( agardo que non) se faga efectivo.
Por qué? Resulta que varias empresas, polo visto contratan seguros de vida a nome dos seus empregados (dos que obviamente controlan tódolos datos), pero, ahí está o truco, o beneficiario non será o teu fillo, a túa filla, a túa muller ou o teu marido, non... A BENEFIADA SERÁ A TÚA EMPRESA, poden chegar a cobrar medio millón de euros pola túa morte, dos cales non teñen que dar conta á túa familia, seica é un bo negocio.
Estas prácticas reportan ás empresas beneficios extra xa non na alienación propia do teu traballo, senón dun xeito moito máis macabro. Coñecedes a alguén que cobrara eses cartos pola morte dun familiar en accidente laboral? Non? Vaia, qué cousa rara.

23/09/2006

Windows, Linux e a nai que os fixo


Teño moitísimos problemas co meu (non tan) vello ordenador, un Pentium III a 866, e nas últimas datas só conseguín empeoralos mediante varios cambios de sistema operativo; como facer isto?, atentos á receta da casa:
Paso 1: "Mmmmmm, Windows 98 non funciona" (de feito só actuaba cunha resolución de risa en 16 cores.

Paso 2: Dúas opcións:
a) Rastrexar toda a web buscando codecs,controladores (aka Drivers), programas que me digan qué está a pasar..... Resultado infructuoso, os codecs non van, os controladores non controlan e os programas de erros escarallábanse da risa.
b) "Poida que sexa o momento de pasarme a Linux".....Idea tamén coñecida coma "Caixa de Pandora".

Paso 3: Comeza a operación " Caixa de Pandora", que distribución lle meto?, de onde a saco?, por que carallo desinstalei Windows?

Paso 4: Conseguidas varias distribucións de linux (Ubuntu 6.06, Ubuntu 5.10, Kubuntu 6.06, Triskel e varias máis) probar unha.

Paso 5: Ver se é posible entenderse con ela (instalar cousas,traballar, escoitar música), compre engadir que o ordenador non ten acceso a Internet, xa que logo o uso dos repositorios faise case que utópico.

Paso 6: Repetir os pasos 4 e 5 ( trocar "unha" por " outra")

Paso 7: Repetir o paso 6

Paso 8: Repetir o paso 6

Paso 9: Repetir o paso 6
.
.
.
.
.
Paso (pon o número ti, eu tardei en cansar) : Repetir ad eternum sen obter resultado

Paso (anterior+1): Ver se o Windows XP podería funcionar.... Consigue unha copia e observa como o teu ordenador intenta instalalo ata que de repente (xa o botaba de menos), pantallazo azul co seguinte:

"IRQL_NOT_LESS_OR_EQUAL" e logo un montón de tecnicismos inintelixibles.

Paso (anterior + o que lle botes): Volvelo intentar, sabendo que, fagas o que fagas, non, non vai funcionar.

Paso antepenúltimo: Ver como o ordenador está agora sen sistema operativo e como novo agasallo, non che deixa instalar ningún (momento eléctricamente bonito).

Paso penúltimo: Armarse de paciencia, ver como unha miga túa rifa contigo por non tela chamado durante todo o verán (que pasaches co cálido runrun do ventilador do ordenata) mentres ti estás abstraído intentando resolve-lo problema mentalmente, intentando explicar que ti tamén tés os teus propios problemas (de feito, se o queredes blogueo o mail que me enviou, non ten perda)

Paso último (hahahahaha, eso pensas): Velo con perspectiva ("sempre fun un negado") e bloguealo pra que a xente se mofe de ti (polo menos botan unhas risas).



Xa que logo quedo coa dúbida:

Paga a pena instalar un sistema operativo tipo linux, completamente persoalizable, de valde e moito máis molón queo windows, caqndo un non ten nin puta de idea de como artellar as cousas máis básicas.... ou seguir dependendo do monopolio das fiestras?

Moi atentamente:

André Rivero----------- O usuario.

P.D.: Se alguén ten idea e vese con gañas de axudar, non o dubidedes, as vosas ideas non serán, nin de lonxe, peor cas miñas.

Voltamos !!!!!


Tralas vacacións do verán intentarei actualizá-lo blog con máis asiduidade (propósito que de seguro non ei tardar en incumplir). Agardo que vos guste, ou que polo menos podades tirar del algo interesante.
Tamén intentarei personalizalo, dado que o estilo emprestado polo blogger é bastante feiño, pero como din por ahí, évos o que hai.
Para quen non o saiba, a imaxe é do inimitable Quino.

05/07/2006

Sen comentarios


Que vou dicir, cando Xosé Lois xa o di todo?

27/06/2006

La realité



Que esperabades? Despois de catro anos volvestes picar na cana dos medios desinformativos e volvestes pensar que ista vez sí,que agora podiades, que este era o voso mundial e que só faltaban 7 partidos para serdes campións do mundo. De súpeto cruzabade-la vía da ilusión facendo a conta da leiteira coa calculadora que vos agasallaban dende os quioscos, dende a televisión e dende a radio; tan ensumidos na vosa autosuficiencia que non vistes como aló o lonxe aparecía o camión da realidade, sen freos e a todo trapo esta vez embutido na bandeira francesa.
Certo era queo camión francés semellaba un triste tractor, tocando no motor un run-run de pezas vellas que sempre é harmonía do fin dunha era, esas pezas de museo: Zidane, Vieira, Thuram, Makelele... todas sacadas das potentes fábricas das colonias galas quixeron amosar que o futbol é algo máis que correr, máis que loitar e por suposto, moitísimo máis que simplemente bos desexos; porque isto do fútbol é sobre todo competición, e hai algo claro eles saben competir, vós non.
Así foi como o lento tractor pasou por riba de vós, porque o tractor sabía que tras desta a seguinte parada é a do depósito municipal,e ía permitir iso un tractor campión do mundo?, claro que non.
En fin, vaia un saúdo dun rapaz que non pode animar á súa selección nun mundial e tivo que conformarse con aplaudir a Suiza (que putada de eliminación) , e mirándoo ben, nos cuartos estaba Brasil e por ahí si que non poderiades pasar.




















Por certo: Pablo, Pernía, Joaquín e Raúl son pésimos.

16/05/2006

Maxia no terreo de xogo


Pulsando na barra en teoría acaba un no Youtube véndome xogar ó rugbi, o deporte máis grande do mundo. O que non sei é como se fai para que apareza esa fiestra tan chuliña para velo directamente no blog.

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath