28/10/2010

Cando a creación converte ó creador en inmortal.


Un día deixaremos de estar, deixaremos de cantar as cancións que nos conmoven, deixaremos de encher o mundo coas nosas pegadas. Cando se vaian tamén aqueles que nos amaron desaparecerá con eles a lembranza do que fomos e deixaremos de existir definitivamente, non sendo máis que un rostro anónimo nunha fotografía, nalgunha parte.
Pasado o tempo alguén descubrirá as cancións que cantabamos, cantaraas  e conmoverase con elas como fixemos nós. E todo volverá comezar, nunha canción común.

Adicado á memoria de Roy Williamson.
Onda queira que estea.

Nenhum comentário:

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath