28/10/2008

Sigo en flipe irredento



Fai algún tempo quedei flipando ó escoitar pola radio un tema de "The Homens" (coido que iles fliparon máis ca min), pero o que vin esta semana non ten punto de comparación; moito máis estrano, raiando case na tolemia catódica.

Resulta que eiquí en Madrid hai unha canle de TV (Canal 7) que retransmite o "Luar" de XR Gayoso, pero o que máis me apampa disto é que o fai en castelán!!!

Imaxinádevos a miña sorpresa cando vexo a XR dubrado ó castelán, ás historias dos vellos tamén en castelán e á Señora de Palmírez (por suposto tamén en castelán).

Un dos poucos programas de... digamos...variedades que sobreviviron ós 90 agora coa súa edición especial prós de Galicia Bilingüe, ale, que vos preste.

Nenhum comentário:

Xan Tomei

Xan Tomei
Tras de escoitar "Néboa Infinda" de Brath