Ollai irmaus,
canto comeza acaba.
Deixámo-lo berce
e xa erguemos casa,
e mentres uns chegan
outros pasan.
Ollai musas,
canto comeza acaba.
Mistúranse as artes
e con gracia,
trocamos estilos
cal se non fosen nada.
Ollai herois,
canto comeza acaba.
Desafiades ós ventos,
mentres as horas acampan,
e buscades quecervos
á beira das lapas.
Ollai poderes,
canto comeza acaba.
Caen os imperios
e os reinos cambian,
mudamos gobernos
e castes e razas.
Ollai pois vós
canto comeza acaba.
Debuxando a realidade,
máis cando ista ataca
deixamos os soños
orfos de almofada.
Ollai cómo tamén
canto comeza, remata.
Nenhum comentário:
Postar um comentário